Reginald Innes Pocock: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
1ª ed. traducida e adaptada do artigo correspondentre da wiki en castelán.
 
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Naceu en [[Clifton, Bristol|Clifton]], [[Bristol]], [[Inglaterra]]. Comezou a sentir interese pola [[historia natural]] na St. Edward's School de [[Oxford]]. Recibiu clases de [[zooloxía]] de [[Edward Bagnall Poulton]], e se lle permitiu estudar [[anatomía comparada]] no Museo de Oxford. Estudou [[bioloxía]] e [[xeoloxía]] no University College de Bristol.
 
En [[1885]], exerceu de asistente no [[Museo de Historia Natural de Londres]], traballando na sección de [[entomoloxía]] durante un ano. Fíxose cargo das coleccións de [[arácnidos]] e de [[miriápodos]]. Tamén se encargou de organizar as coleccións de [[aves]] británicas, desenvolvendo daquela un grande interse na [[ornitoloxía]]. Os 200 artigos que publicou nos dezaoito anos que traballou no Museo, servíronlle para converterse nunha autoridade respectada en arácnidos e miriápodos.
 
En [[1904]], abandoouabandonou o Museo para traballar de superintendente do [[Zoolóxico]] de [[Londres]], cargo que mantivo até a súa xubilación en [[1923]]. A partir de entón foi investigador voluntario no [[Museo Británico]], no departamento de [[mamíferos]].
 
Foi membro da [[Royal Society]] de Londres.