Invasión musulmá da Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
Ademais, existía unha fractura política importante entre dous grandes clans político-familiares godos na súa loita polo trono, e que levaba varios decenios dividindo politicamente o reino e xerando constantes problemas. Dunha parte estaba o clan xentilicio de [[Vamba]]-[[Éxica]], ao que pertenceu ou ao que estaba vinculado Witiza, e doutra o clan de [[Chindasvinto]]-[[Recesvinto]], ao que pertencía Rodrigo. Esta situación dividiu o estamento aristocrático-militar en dúas faccións cada vez máis irreconciliables; ata o punto de considerar algunha historiografía aos witizanos como instigadores e mesmo aliados, explícitos ou oportunistas, dos musulmáns.
 
Os conquistadores árabes tamén contaron co apoio de parte da poboación xudía, moi numerosa na [[Bética]], na [[Gallia Narbonnensis]], e en toda a cunca mediterránea. Estaba presente principalmente nos centros urbanos, salientando, entre outras, as comunidades de [[Narbona]], [[Tarragona]], [[Sagunt]], [[Elx]], [[Lucena, Andalucía|Lucena]], [[Elvira]], [[Córdoba, España|Córdoba]], [[Mérida, España|Mérida]], [[Zaragoza]], [[Sevilla]], [[Málaga]] e da capital, [[Toledo]].
 
A axuda que os [[Xudaísmo|xudeus]] prestaron aos conquistadores debeuse a que aqueles, na súa maioría conversos forzados pero finxidos, eran reiteradamente fustrigados pola lexislación visigoda (con algunhas excepcións, como cos reis [[Viterico]] e [[Suintila]], e contra o criterio de [[bispo]]s como [[Santo Isidoro]], que os defendía). E sabían, polo que ocorrera no [[África do Norte|Norte de África]], que melloraría a súa situación ao recibir dos gobernantes árabes o mesmo status que a poboación cristiá.