Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Coñécese como '''Guerra de Bosnia''' o conflito internacional que se desenvolveu na actual [[Bosnia e Herzegovina]] do [[6 de abril]] de [[1992]] ao [[14 de decembro]] de [[1995]], e que foi causada por unha complexa combinación de factores políticos e relixiosos: exaltación nacionalista, crises políticas, sociais e de seguridade que seguiron ao final da [[guerra fría]] e a caída do [[comunismo]] na antiga [[Iugoslavia]].
 
Ao desintegrarse Iugoslavia en [[1991]], coa independencia de [[Croacia]] e [[Eslovenia]], líderes nacionalistas [[serbobosnio]]s como [[Radovan Karadzić]] e [[Serbia|serbios]] como [[Slobodan Milošević]] marcáronse como obxectivo principal que todos os serbios -diseminados poas distintas [[república]]s que compoñían Iugoslavia- viviran nun mesmo país. En febrerofebreiro de 1992, o pobo de [[Bosnia e Herzegovina]] decide en referéndum a súa independencia da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], nunha votación boicoteada polos [[serbobosnio]]s.<ref> [http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/22/internacional/1148265955.html Cronoloxía da desintegración. Diario ''El Mundo'' (España)]</ref> A sección do [[Exército Popular Iugoslavo]] en Bosnia e Herzegovina, fiel ao referéndum, organizouse no [[Exército da República Bosnia e Herzegovina]] (ARBiH), mentres que os serbios formaron o [[Exército da República Srpska]] (VRS). Nun principio os serbios ocuparon o 70 % do territorio de Bosnia e Herzegovina pero, ao unir as súas forzas o [[Consello Croata de Defensa]] e o [[ARBiH]], a guerra tomou outro rumbo e as forzas serbias foron derrotadas na [[Batalla de Bosnia Occidental]]. A participación da [[OTAN]], durante 1995, contra as posicións do VRS internacionalizou o conflito, pero só nas súas etapas finais. A alianza bosniocroata ocupou un 51 % do territorio de Bosnia e Herzegovina e chegou até as portas de [[Banja Luka]]. Ao veren perigar a súa capital de facto, os líderes serbios firmaron o armisticio e a guerra terminou oficialmente coa sinatura dos [[Acordos de Dayton]], en [[París]], o [[14 de decembro]] de [[1995]].<ref> [https://archive.is/20120525111048/www.state.gov/www/regions/eur/bosnia/bosagree.html Acordos de paz de Dayton]</ref>
 
A guerra durou pouco máis de tres anos e causou cerca de 100.000 vítimas entre civís e militares e 1,8 millóns de desprazados, segundo informes recentes.<ref> [http://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php ''Herald Tribune''. Estimacións das Comisións]</ref> Das 97.207 vítimas totais documentadas, o 65 % foron bosnios musulmáns e o 25 % serbios. Dentro das vítimas civís, o 83 % correspondeu a bosnios.