Abstinencia sexual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
== O termo ==
Os conceptos de abstinencia sexual, [[celibato]] e [[asexualidade]] son confundidos acotío pero teñen significados diferentes. A abstinencia sexual, tamén coñecida como continencia,<ref>{{Cita libro|apelido=Melody|nome=John|título="Continence", Catholic Encyclopedia|localización=Nova York|editorial=Robert Appleton Company|ano=1913|dataacceso=4 de outubro de 2013}}</ref> refírese a absterse de toda actividade sexual, a miúdo durante un período limitado de tempo.<ref>{{Cita libro|apelido=Cardinal Roberti|nome=H. E.|título=Abstinence and Continence al Dictionary of Moral Theology|localización=Londres|editorial=Burns & Oates Publishers of the Holy See|ano=1962}}</ref> O celibato é un comportamento motivado por factores como as crenzas persoais ou relixiosas dunha persoa. Para Gabrielle Brown, «a abstinencia é unha resposta ó exterior do que está pasando, e o celibato é unha resposta dende o interior».<ref>{{Cita libro|apelido=Brown|nome=Gabrielle|título=The New Celibacy: A Journey to Love, Intimacy, and Good Health in a New Age|localización=New York|editorial=McGraw-Hill|ano=1989}}</ref> De acordo con esta definición, o celibato é algo máis que non ter relacións sexuais. É máis intencional que a abstinencia e o seu obxectivo é o crecemento persoal. Esta perspectiva sobre o celibato é compartida por diversos autores, entre eles Elizabeth Abbott, Wendy Keller e [[Wendy Shalit]].<ref>{{Cita libro|apelido=Shalit|nome=Wendy|título=Retorno al pudor|localización=Madrid|editorial=Rialp|ano=2012|isbn=9788432139635}}</ref>
 
== Método anticonceptivo ==
A abstinencia sexual é o método máis efectivo contra os embarazos non desexados e a propagación das [[Infección de transmisión sexual|infeccións de transmisión sexual]].<ref>{{Cita novas|apelido=Ruiz|nome=Rebeca|título=Abstinencia sexual, una renuncia voluntaria|publicación=EFE Salud|url=http://www.efesalud.com/noticias/abstinencia-sexual-una-renuncia-voluntaria/|dataacceso=24 de setembro de 2013|data=27 de marzo de 2013}}</ref> No 2004, a revista The Lancet publicou un artigo onde apostaba por educar ós rapaces de xeito que atrasasen as relacións sexuais como o xeito máis efectivo contra a propagación da [[SIDA]] tendo en conta que os preservativos diminúen o risco de infección pero nunca o eliminan. Chamou a esta estratexia para priorizar os elementos da loita contra a SIDA coas letras ''ABC'', que en inglés son as iniciais de abstinencia, fidelidade e preservativo.<ref>{{Cita publicación periódica|apelido=Halperin, Steiner, Cassel|nome=D.,M.,M.|título=The time has come for common ground on preventing sexual transmission of HIV|publicación=The Lancet|data=2004|páxinas=1913-1915|exemplar=364}}</ref> Dende ese intre, diversas administracións públicas o promoveron. Algúns estudos, conclúen que sería efectiva unha aposta máis decidida das administracións neste senso.<ref>{{Cita publicación periódica|apelido=López del Burgo|nome=Cristina|título=Prevención equitativa del sida|publicación=AE Bioetica|data=Decembro de 2008|url=http://www.aebioetica.org/archivos/12-BIOETICA-67.pdf|dataacceso=24 de setembro de 2013}}</ref> Un dos problemas cos que se atoparon os impulsores destas políticas é a dificultade de cambiar os comportamentos da xuventude.<ref>{{Cita novas|título=La abstinencia sexual no funciona entre los jóvenes|publicación=20 minutos| url=http://www.20minutos.es/noticia/440828/0/sexo/abstinencia/jovenes/|dataacceso=24 de setembro de 2013|data=5 de xaneiro de 2009}}</ref>
 
== Notas ==