Ricardo I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ cat; lig int
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 7:
Ricardo foi o terceiro fillo home de [[Henrique II de Inglaterra]] e [[Leonor de Aquitania]]. Aínda que naceu no [[Palacio de Beaumont]], en [[Oxford]] ([[Inglaterra]]) foi esencialmente [[Francia|francés]], ó igual que a maior parte da familia real. Tras a separación dos seus pais permaneceu coa súa nai e recibiu o título de [[duque]] de Aquitania en [[1168]] e conde de [[Poitiers]] en [[1172]]. Mentres, o seu irmán [[Henrique o Mozo|Henrique]] foi coroado como ''segundo'' rei de Inglaterra, ao servizo do seu pai.
 
Ricardo foi un home de moi boa educación. Escribiu poesía tanto en francés e [[lingua occitana|occitano]]. Dicíase del que era moi atractivo, con cabelos rubios e loiros, ollos claros e complexión pálida, aínda que esta descrición debe tomarse con cautela ó non ser contemporánea nin por corresponder coa imaxe da súa efixie en [[Fontevraud]]. Aparentemente tiña unha estatura maior ca do promedio, pero dado que o seu corpo se perdeu durante a [[Revolución Francesa]], non se coñece a súa estatura exacta.
 
Desde a mocidade pareceu mostrar habilidades políticas e militares destacadas e volveuse notorio póla súa valentía e cabaleirosidade, loitando fortemente para controlar as revoltas dos nobres no seu propio territorio. Como os seus irmáns, Ricardo desafiou á autoridade do seu pai constantemente e o seu sentido da responsabilidade volvíase cuestionable.
Liña 14:
[[Ficheiro:Richard coeurdelion g.jpg|miniatura|esquerda|150px|Ricardo Corazón de León]]
 
En [[1161]], o seu irmán Henrique foi coroado co-rei de Inglaterra xunto co seu pai, sendo ademais designado como Henrique II (1170-1183), pero os historiadores adoitan chamalo Henrique ''o Mozo'' para non confundilo co seu sobriño do mesmo nome [[Henrique III de Inglaterra|Henrique III]]. En [[1173]], xunto cos seus irmáns Henrique e Godofredo, e apoiados polo rei [[Filipe II de Francia]] e a súa nai, rebelouse contra o seu pai, planeando destronalo e deixar ó seu irmán Henrique como único rei de Inglaterra. Neste primeiro enfrontamento, Henrique II saíu vitorioso e mandou encerrar a Leonor de Aquitania.
 
Henrique II invadiu Aquitania en dúas ocasións. Ós dezasete anos, Ricardo foi o último en manterse en contra do seu pai, finalmente negouse a loitar con el fronte a fronte e pediulle perdón. En [[1174]], Ricardo prestou xuramento de lealdade ó seu pai.
 
Entre [[1181]] e [[1182]], Ricardo enfrontou unha rebelión sobre a sucesión do condado de [[Angoulême]]. Os seus opositores foron onde Filipe II de Francia para pedirlle o seu apoio e a loita estendeuse cara [[Lemosín]] e [[Périgord]]. Ricardo foi acusado de crueldade contra os seus obxectivos. Porén, co apoio do seu pai e de Henrique o Mozo, tivo éxito sobre o vizconde [[Aimar V de Limoges]] e o conde [[Elie de Périgord]].
 
Cando Ricardo sufocou a rebelión dos condes, volveu a desafiar o seu pai no trono. Entre [[1180]] e [[1183]] creceu a tensión entre Ricardo e o seu pai, como rei, Henrique II mandaba a Ricardo pagarlle homenaxe o seu irmán Henrique o Mozo, pero Ricardo negábase. Finalmente en [[1183]], Henrique o Mozo e Godofredo, duque de [[Bretaña]], invadiron Aquitania nun intento de someter a Ricardo. O conflito tivo unha breve pausa cando en [[1183]] finou Henrique o Mozo. Pero Henrique II apresurouse para dar permiso ó seu fillo menor [[Xoán I de Inglaterra|Xoán]] para invadir Aquitania. O finar Henrique o Mozo, Ricardo pasou a ser o herdeiro ó trono de Inglaterra, porén seguiu loitando contra o seu pai.
Liña 29:
[[Ficheiro:Richard1TombFntrvd.jpg|miniatura|250px|dereita|Tumba en Fontevraud.]]
 
Libre para perseguir os seus propios intereses, Ricardo non permaneceu moito tempo en Inglaterra. Inmediatamente despois da súa subida ao trono comezou a preparar a expedición á [[Terra Santa]], que seria a [[Terceira Cruzada]]. Para tal propósito, acudiu ó tesouro do seu pai, cobrou novos impostos, vendeu títulos e cargos por cuantiosas sumas a quen quixese pagar e liberou o rei [[Guillerme I de Escocia]] do seus impostos de vasalaxe por 10,000 [[marco (moeda)|marcos]]. O único problema foi a constante ameaza que Filipe II de Francia representaba para os seus territorios continentais, e que Ricardo solventou convencéndoo para que se unise tamén á [[cruzada]].
 
A primeira parada dos cruzados foi en [[Sicilia]] cara [[1190]], onde Ricardo e Filipe se inminscuiron na política local, saqueando algunhas cidades do camiño. Foi neste momento cando Ricardo se gañou a inimizade do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]] e nomeou o seu sobriño [[Arturo I, duque de Bretaña|Arturo]] como o seu herdeiro. No [[1191]], Ricardo e o seu exército desembarcan en Chipre debido a unha tempestade. A presenza de tantos homes foi considerada unha ameaza polo líder bizantino da illa, e en breve xurdiron os conflitos. A resposta de Ricardo foi violenta: non só negouse a partir, senón que masacrou ós habitantes das cidades que se lle resistiran. Despois do cerco de [[Cantaras]], [[Isaac Comneno de Chipre|Isaac Comneno]] abdicou e Ricardo fíxose co poder da illa. Foi tamén neste ano cando casou coa princesa [[Berenguela de Navarra]].
 
En xuño de [[1191]], Ricardo chegou á Terra Santa a tempo de aliviar o cerco de [[Acre, Israel|Acre]] imposto por [[Saladino]]. Xa sen aliados, a causa dunha serie de problemas con Filipe de Francia e co duque [[Leopoldo V de Austria]]. A campaña foi todo un éxito e deulle o ''status'' de heroe. Mentres, a influencia do seu irmán Xoán en Inglaterra e de Filipe II, demasiado próximo a Aquitania e Normandía, obrigárono a volver a [[Europa]].
 
Na viaxe de volta, Ricardo encontrouse con Leopoldo V de Austria, que aínda non lle perdoara os insultos recibidos en Chipre, foi feito prisioneiro e entregado ó emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]]. O seu cativerio en [[Dürnstein]], [[Austria]], non foi moi duro e durante os catorce meses que estivo retido (de decembro de [[1192]] a febreiro de [[1194]]) Ricardo continuou tendo acceso ós privilexios que determinaban a súa condición de rei. O seu rescate custou uns 150,000 marcos pagados do tesouro de Inglaterra, suma que dobraba ó dobre da renda anual da coroa, e que colocou ó país na bancarrota. Como proba de agradecemento a [[Deus]] pola súa liberación, Ricardo arrepentiuse publicamente dos seus pecados e foi coroado por segunda vez. A pesar dos esforzos de Inglaterra por liberalo, Ricardo abandonou de novo o país para combater por problemas fronteirizos con Francia para xa non volver máis.
Liña 56:
}}
{{End box}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis de Inglaterra]]