Lingua bretoa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 34:
A monarquía francesa non adoptou ningunha postura cara as [[lingua minoritaria|linguas minoritarias]] de [[linguas de Francia|Francia]] que falaban as clases baixas, aínda que esixía o uso do francés para os asuntos gobernamentais. Co [[revolución francesa|período revolucionario]] chegou a introdución de políticas que favoreceron o francés por enriba das linguas rexionais, chamadas pexorativamente ''[[patois]]''. Os revolucionarios asumiron que os [[reaccionario]]s e os [[monarquía|monárquicos]] preferían que a poboación falase as linguas rexionais para que as masas de campesiños estivesen desinformados. En 1794 [[Barère]] enviou ao ''[[Comité de salut public]]'' o seu "informe sobre as linguas", no cal dicía que "o federalismo e a superstición falan bretón". Baixo a [[Terceira República Francesa|Terceira]], [[Cuarta República Francesa|Cuarta]] e [[Quinta República Francesa|Quinta repúblicas]], até finais da década de 1960, as prácticas humillantes eran comúns nas escolas, tentando erradicar a lingua e cultura bretoas.<ref>[http://www.breizh.net/icdbl/saozg/endangered.htm#Image%20No.%202:%20Breton%20is%20a%20hindrance%20to%20good%20citizenship Información do ICBL sobre o bretón] en breizh.net</ref>
 
Hoxe, a pesar do centralismo político de Francia e da importante influencia dos medios de comunicación, o bretón é falado como lingua cotiá por arredor de 200.000 persoas.<ref name="ouiaubreton" /> Isto é, porén, moito menos dos 1,3 millóns de 1930. A comezos do século XX a metade da poboación bretoa só coñecía o bretón. Arredor de 1950 tan só restaban uns 100.000 falantes monolingües.<ref name="ethno">[http://www.ethnologue.com/show_language.asp?code=bre Informe de Ethnologue]. {{en}}</ref>
 
En 1925, grazas ao profesor [[Roparz Hemon]], apareceu a publicación ''[[Gwalarn]]''. Ó longo dos seus 19 anos de vida, ''Gwalarn'' tentou elevar a lingua ó nivel doutras grandes linguas internacionais creando traballos orixinais abarcando todos os xéneros e traducindo traballos con sona á lingua bretoa. En 1946 foi substituída pola publicación ''Al Liamm''.