Xoán Primicerius: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[ImaxeFicheiro:Solidus Johannes-s4283.jpg|miniatura|300px|[[Sólido (moeda)|Sólido]] de Xoán Primicerius]]
 
'''Xoán''' ou '''Ioannes Primicerius''', finado en Aquileia no [[425]], foi un [[emperador romano]]. Ocupou o trono do [[Imperio Romano de Occidente]] entre o [[423]] e o 425, recoñecido polo [[senado]] de Roma, pero non polo [[Imperio Romano de Oriente]].
Liña 21:
O [[23 de novembro]] de [[423]] o senado de Roma declara a Xoán oficialmente ''augustus'' da ''pars occidentis'' tomando coma escusa a necesidade de que un novo emperador determinase medidas efectivas contra o bloqueo ao abastecemento de trigo africano e outros bens necesarios para a cidade e Italia por parte de [[Bonifacio I, papa|Bonifacio]], que así pretendía debilitar a influencia de Castino, sucesor de Constancio ao fronte dos exércitos occidentais. En decembro Xoán asume a púrpura e trasládase a [[Rávena]].
 
=== As dificultades de goberno ===
[[Procopio de Cesarea|Procopio]] <ref>''Bellum Vandalicum'', I 3, 6–7</ref> loa a súa humildade, intelixencia e capacidades persoais. Ao contrario dos membros da Casa de Teodosio pretendía promover unha política de tolerancia relixiosa. Pero a situación que herdaba era moi conflitiva e, malia contar co apoio de Castino, nomeado cónsul para ese ano, outras zonas en occidente rexeitan a súa autoridade, nun proceso de secesión e disgregación que xa tivera momento álxidos durante o goberno de Honorio. En Arelate (Arlés) [[Exuperantius]], o prefecto do pretorio da Gallia, resulta linchado polas súas tropas, en desacordo coas lealdades do seu comandante. En Cartago, Bonifacio mantén a súa rebeldía ante as decisións de Rávena, feito que obriga a enviar tropas contra el.
 
Liña 28:
Ao mesmo tempo envía a Aecio, figura ascendente, en calidade de ''cura palatii'' a negociar cos hunos axuda como auxiliares militares, entre os que vivira coma refén e cos que mantiña contactos, un eventual apoio para Xoán.
 
=== Caída e morte ===
Mentres tanto, Teodosio II, e [[Pulcheria]], semellan abandonar o seus presumibles desexos de ser o único augustus e é agora cando recoñece tal título postumamente a Constancio III e tamén a Galla Placidia; concede o título de caesar ao fillo de ambos, Valentiniano III, inda un neno e envíaos de Tesalónica cara Salona cun forte continxente militar ao mando de [[Ardabur]] e o seu fillo [[Flavio Ardabur Aspar]]. Na comitiva tamén estaba [[Candidiano]], que presumiblemente acompañara a Galla Placidia e Valentiniano no súa fuxida previa cara Constantinopla.
 
Dende Salona as forzas imperiais divídense: un continxente embarca a infantería nunha frota con Ardabur á cabeza e Aspar manda a cabalería por terra percorrendo a ruta de Sirmium e atravesando os Alpes Xulianos chegan ao Adriático, onde se fan coa importante cidade de Aquileia, onde esperan acontecementos.
 
Mentres tanto, a frota de Ardabur é presa das tormentas e desmembrada. Este, contando con só dúas trirremes, é capturado e conducido a Rávena. Con isto a posición de Xoán, inda sen ter chegado os reforzos hunos, parece en vías de consolidarse, pero non se decide a asestar o golpe definitivo ás forzas orientais en Aquileia e decide esperar a chegada de Aecio. Mentres tanto, Ardabur consegue dende a prisión adhesións dalgúns elementos militares occidentais, que xunto coa presión combinada dende o exterior de Aspar, conseguen derrotar a Xoán e capturar Rávena.
Liña 43:
Castino, debido ao seu apoio a Xoán, foi defenestrado e exiliado, pero curiosamente non foi axustizado, síntoma da fortaleza dos seus apoios e do precario xogo de equilibrios políticos.
 
== Valoración histórica e consecuencias do período ==
As fontes clásicas que sobreviven sobre o período, maioritariamente oficialistas, e por tanto partidarias da Casa de Teodosio, verten sobre Xoán todo tipo de xuízos negativos, pero seguramente foi un intento máis de deter e reverter a dinámica negativa na que se atopaba a ''pars occidentis'', e que desembocaría na súa disolución a finais do século V e principios do VI.
 
Liña 52:
Dificulta bastante o coñecemento máis detallado deste período que tanto o reinado, ou usurpación, segundo cal sexa a fonte, coma os seus protagonistas principais, Castino e Xoán, teñen pouco reflexo nas fontes escritas.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía. ===
* Bury, JB. ''History of the Later Roman Empire from Arcadius to Irene'' (vol. 1); pp. 156-9.
* Halsall, Guy. ''Barbarian Migrations and the Roman West: 375-568'' Cambridge University Press, 2007; pp. 236-237.
* Philostorgius, Philip R. Amidon (tradutor e editor). ''Church History'' Atlanta: Society of Biblical Literature, 2007; p. 162.
* Seibel, Sandra. ''Typologische Untersuchungen zu den Usurpationen der Spätantike'', Essen: Universität Duisburg-Essen, 2004; pp. 112-116.
 
=== Ligazóns externas ===
* Hugh Elton, [http://www.roman-emperors.org/westemp5.htm#Note%609 "Ioannes"], del ''De Imperatoribus Romanis". {{en}}
 
Liña 73:
DATA_SAIDA=[[425]]|
}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Emperadores romanos]]