Paul Newman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 28:
 
== Traxectoria ==
=== Orixes ===
Fillo de Terézia Fecková, nada en [[Ptičie]], [[Imperio austrohúngaro]] (hoxe [[Eslovaquia]]), e Arthur Samuel Newman, [[Estados Unidos de América|estadounidense]] xudeu, fillo de emigrantes [[Maxiar |húngaros]] e [[Polonia|polacos]], cursa estudios elementais na Malvien Grammar School e na Shaker Heights School. En 1942 ingresa no Kenyon College universitario e ao ano seguinte alístase na Armada.
 
Cumpriu o servizo militar entre 1943 e 1945, nas bases de [[Okinawa]] e [[Guam]]. Tras servir na Armada durante a [[Segunda Guerra Mundial]], volveu a Kenyon, onde se graduou en [[Ciencias Económicas]] e formou parte do equipo de [[fútbol americano]]. Estudou posteriormente artes escénicas en [[Yale]] cunha bolsa do exército e o [[método Stanislavski]] no [[Actor´s Studio]].
 
=== Carreira ===
Despois de traballar de figurante e de facer pequenos papeis en diversas series de televisión, proba sorte no cine. O seu primeiro filme foi ''The Silver Chalice'', cinta bíblica de luxosa produción dirixida por Victor Saville con regulares resultados tanto de público coma de crítica. Compartía cartel con [[Pier Angeli]] e [[Virginia Mayo]].
 
Liña 48:
1961 parece dar un revés á xove estrela, ao estreares dúas cintas que pasan sen pena nin gloria: por un lado, a hoxe célebre pero no seu momento algo incomprendida ''[[The Hustler]]'', de [[Robert Rossen]]; polo outro ''Paris Blues'', a súa segunda película con [[Martin Ritt]], onde encarna a un xove músico de [[jazz]] que viaxa a [[París]]. Pero, dende 1962 en adiante, Newman vai encadeando un éxito tras outro, en títulos destacados coma ''[[Sweet Bird of Youth]]'', nova adaptación dunha obra de [[Tennessee Williams]], que supón o reencontro do actor co director e guionista [[Richard Brooks]]; ''Hemingway's Adventures of a Young Man'' e ''Hud'' de novo baixo a dirección de Ritt; a comedia ''Samantha'' onde volve a coincidir coa súa muller; a intriga ''The Prize'' con Mark Robson na dirección; e ''The Outrage'', versión do filme de [[Akira Kurosawa]] ''[[Rashomon]]'', con [[Martin Ritt]] na dirección, e onde completa un elenco encabezado por [[Edward G. Robinson]], Laurence Harvey e Calire Bloom.
 
== Filmografía como actor<ref>Na filmografía non se inclúen os cameos, os documentais para os que prestou a súa voz, nin as dobraxes.</ref> ==
{| class="wikitable"
|-
Liña 166:
|}
 
== Filmografía como director ==
{| class="wikitable"
|-
Liña 196:
 
{{ORDENAR:Newman, Paul}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Actores de Ohio]]