Richard Aaron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Este artigo é unha adaptación do artigo correspondente da wikipedia inglesa
 
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Richard Ithamar Aaron''', nado en [[Seven Sisters, Wales|Blaendulais]] o [[6 de novembro]] de [[1901]] e finado en [[Aberystwyth]] o [[29 de marzo]] de [[1987]], foi un filósofo [[Gales|galés]].
 
== Traxectoria ==
Estudou no instituto de [[Ystalyfera]] e en 1918 pasou á [[Universidade de Gales]] para estudar filosofía e historia, realizou estudos de posgrao en [[Oriel College, Oxford|Oxford]]. En 1926 comezou a dar clases no departamento de filosofía da [[Universidade de Swansea]], logrou o doutorado 1928 coa tese "The history and value of the distinction between intellect and intuition". En 1932 logrou a cátedra de filosofía na [[Unversidade de Aberystwyth]]. As súas primeiras publicacións versaron sobre [[epistemoloxía]], máis adiante centrou a súa atención na obra de [[John Locke]], suscitado pola descuberta de información inédita na Lovelace Collection, unha colección de papeis que John Locke deixou ao seu primo [Peter King]]. Nesa colección atopou cartas, cadernos, catálogos e en especial a versión manuscrita da obra de Locke "[[An Essay Concerning Human Understanding]]", ata entón considerada perdida. A investigación de Aaron levouno a publicar, ''John Lock'', libro sobre a vida e a obra de Locke, que se converteu na obra de referencia sobre o asunto. <ref> Jones, O. R. "Aaron, Richard Ithamar (1901–1987)". ''Oxford Dictionary of National Biography'' Oxford University Pres</ref> Aaron publicou varios libros máis, incluído un libro en [[lingua galesa|galés]] sobre a [[historia da filosofía]], ''Hanes athroniaeth—o [[Descartes]] i [[Hegel]]'' en 1932. En 1952 publicou ''The Theory of Universals'', onde ataca a noción de universais como [[realismo platónico|formas platónicas]]. Entre 1952 e 1953 foi profesor visitante da [[Universidade Yale]], e tras estudar o terceiro borrador de ''[[An Essay Concerning Human Understanding]]'' na [[Pierpont Morgan Library]], aumentou considerablemente a segunda edición de ''John Locke''. Foi presidente da [[Aristotelian Society]] durante o período 1957-1958. En 1971 publicou ''Knowing and the Function of Reason''. Tras a súa xubilación en 1969, axudou a escribir artigos para a edición de 1974 da ''[[Encyclopædia Britannica]]''.
 
== Notas ==
Liña 8:
 
{{ORDENAR:Aaron, Richard Ithamar}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1901]]
[[Categoría:Finados en 1987]]