Manuel Chamoso Lamas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Manuel Chamoso Lamas''', nado na [[Habana]] o [[16 de maio]] de [[1909]] e falecido na [[A Coruña|Coruña]] o [[24 de abril]] de [[1985]], foi un arqueólogo e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Chamoso naceu na Habana, fillo de emigrantes, pero dende os catro anos residiu en Galicia na casa petrucial de [[Moldes, Boborás|Moldes]], a carón do pazo de [[Losada Diéguez]], quen lle deu clase. Cursou o bacharelato no instituto de [[Pontevedra]], onde recibiu clases de debuxo de [[Castelao]]. Obtivo o doutoramento de Filosofía e Letras e Dereito en Compostela e Madrid, onde foi alumno de [[Eugenio D'Ors]] e [[Ortega y Gasset]].
 
Liña 20:
Manuel Chamoso Lamas foi presidente da [[Real Academia Galega de Belas Artes]] e membro da [[Real Academia Galega]] e do [[Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses]].
 
== Obras ==
Publicou máis dun centenar de traballos sobre [[arte galega]] en revistas e coleccións especializadas. Entre os seus libros destacan:
* ''Ribadavia'', [[Editorial Bibliófilos Gallegos]], 1951.
* ''La arquitectura barroca en Galicia'', 1955.
* ''Pórtico de las Platerias de Santiago de Compostela'', 1964.
* ''La Catedral de Santiago de Compostela'', 1976.
* ''Escultura funeraria en Galicia'', 1979.
* ''La Catedral de Orense'', 1980.
* ''Guía de Tuy'', 1981.
* ''Itinerario monumental y artístico de Galicia'', 1982.
* ''La Catedral de Lugo'', 1983.
 
== Premios ==
* Fillo adoptivo de Ribadavia, Pontevedra e Tui.
* Medalla de Prata da Cidade de Compostela.
* Medallas de Prata e Ouro do Mérito as Belas Artes.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', T. 3, [[Ir Indo Edicións]], 2011, [[Vigo]].
=== Outros artigos ===
* [[Centro de Estudos Chamoso Lamas]] do Carballiño.
* [[IES Manuel Chamoso Lamas]] do Carballiño.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2009051000_5_284983__Opinion-centenario-Chamoso-Lamas-legado-sensibilidade No centenario de Chamoso Lamas: legado de sensibilidade] artigo de ''[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión]]''.
{{Dialnet|1870941}}
 
{{ORDENAR:Chamoso Lamas, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da arqueoloxía de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]