Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 22:
Xa no ano [[1940]], dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no [[1944]] as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
=== Vida persoal e familiar ===
Modesto, pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura<ref name=ANON/>) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Comarca da Ulloa|Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a ollada dos seus alumnos.
 
Liña 29:
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desprenderse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Vexase tamén ==
=== Bibliografía ===
* AAVV. [[Goretti Sanmartín Rei|Sanmartín Rei, G.]] (ed.). [http://illa.udc.es/rgf/pdf/mon_7.pdf ''Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco''] [[UDC]], 2012, ISBN 978-84-9749-527-1.
* Artigo "GARCÍA BLANCO, Manuel" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
 
 
{{ORDENAR:Garcia Blanco, Manuel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]