Francisco Cabo Pastor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Francisco Cabo Pastor''', nado en [[Ferrol]] en [[1872]] e finado na mesma cidade o [[16 de marzo]] de [[1973]], foi un médico e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol. Foi médico das [[As Pontes de García Rodríguez|Pontes de García Rodríguez]]. Anticaciquil, foi partidario da emigración, postura que cambiou coa participación en [[Solidaridad Gallega]] xunto co seu amigo [[Rodrigo Sanz]], e despois en [[Acción Gallega]]. A partir de [[1916]] incorpórase ao movemento galeguista utilizando o galego e preocupándose polo problema autonomista. Foi tesoureiro das [[Irmandade da Fala|Irmandades da Fala]] de Ferrol.
 
Foi conferenciante e colaborou en ''[[El Correo Gallego]]'', ''Galicia'' e ''[[Juventud (Ferrol)|Juventud]]'' de Ferrol, ''[[Cultura Campesina]]'' de [[Pontedeume]], ''[[La Antorcha]]'' de [[Cedeira]] e ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]''. Debido a unha enfermidade quedou cego ao final da súa vida.
 
== Obras ==
=== Obras en galego ===
Publicou en 1908 ''¡Despertad, gallegos!'' un berro de liberdade e de protesta en contra do caciquismo. En 1919 apareceu ''Versos Gallegos. Cantigas e cousas da Nosa Terra''. En 1924 publicou ''La Universidad Gallega (Aportaciones para su autonomía)''. E en 1929 a novela curta ''Sempre noiva'' na colección Céltiga.
 
=== Obras en castelán ===
En 1924 apareceu en Madrid ''Los Une-Borricos. Poema medieval agrario'', humorístico e xocoso. E en 1934 publicou ''Camino de hierro. Apuntes de un ciego en un viaje de El Ferrol a Madrid''. En 1935 apareceu ''Tertulia de rebotica''.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cronicasdelaemigracion.com/opinion/isaac-otero/el-poeta-ferrolano-francisco-cabo-pastor/20090212142053026182.html El poeta ferrolano Francisco Cabo Pastor]] {{es}}
 
{{ORDENAR:Cabo Pastor, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]