Ingeborg Bachmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m elimino marcador
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 19:
Pronto publicou a súa primeira historia curta. A súa carreira literaria beneficiouse do contacto con [[Hans Weigel]], literato e promotor da literatura nova de posguerra, e o prestixioso círculo literario [[Gruppe 47]], entre cuxos membros tamén se contaban [[Ilse Aichinger]], [[Paul Celan]], [[Heinrich Böll]], [[Marcel Reich-Ranicki]] e [[Günter Grass]]. Deste grupo recibiu en [[1953]] un premio pola súa primeira colección de poemas ''Die Gestundete Zeit'' ("O retardo consentido").
 
Un emprego na emisora de radio [[Rot-Weiss-Rot]] (Vermello-Branco-Vermello, a emisora de radio das forzas de ocupación americanas) facilitou a Bachmann facerse cunha visión ampla da literatura contemporánea, á vez que lle proporcionou un salario decente que lle permitiu un traballo literario serio. Ademais, a súas primeiras [[obra radiofónica|obras radiofónicas]] foron publicadas pola emisora, como ''Ein Geschäft mit Träumen'' ([[1952]]) ("Un negocio cos soños") ou ''Die radiofamilie'' ("A familia da radio"). Os seus poemas e estas obras obtiveron simultaneamente éxito de crítica e de público, o que lle significou un gran éxito no mundo xermanófono. Cos seus poemas buscaba, de acordo co obxectivo do Grupo 47, renovar a lingua: non se constrúe «un mundo novo sen unha linguaxe nova». Outro tema puramente bachmaniano vai aparecendo: o amor e a violencia inherente ás relacións; a incomunicación na parella; o tráxico da existencia feminina.
 
A sesión do Grupo 47 de [[1958]], denominada ''Grossholzleute'' presenciou a emerxencia dunha facción feminina levada por Bachmann, [[Ilse Aichinger]] e outras autoras. O Grupo 47 debía liberar aos homes das palabras manchadas polos [[nazi|nazis]]s e axudarlles a escribir un novo mundo. Tamén debía servir, dicían elas, para limpar a lingua daquelas palabras das que se serven os homes para falar das mulleres no seu nome, usurpando o seu sitio e matando as súas paixóns. Foi o comezo dun intento literario orixinal e revolucionario de escribir o Amor, coa representación del que as mulleres fan coas súas palabras, e non aquelas fabricadas por séculos de autores masculinos. Este cambio de obxectivo "político", de temática literaria, así como o paso da poesía á novela, romperon o vínculo entre Bachmann e o público.
 
Posteriormente o traballo de Bachmann centrouse principalmente en temas como os límites persoais, o establecemento da verdade e a [[filosofía da linguaxe]], esta última seguindo as ideas de [[Ludwig Wittgenstein]]. En [[1953]] marchou a [[Roma]], onde dedicou a maioría dos anos seguintes a escribir [[poema]]s, [[ensaio (literatura)|ensaioensaios]]s, [[libreto]]s de [[ópera]] e [[historia curta|historias curtas]], que pronto lle significaron fama internacional e numerosos premios. Entre [[1958]] e [[1963]] tivo como compañeiro ao escritor [[Suíza|suízo]] [[Max Frisch]], con quen viviu en Roma e [[Frankfurt]]. Esta relación levouna a Suíza e ofreceulle o papel do segundo protagonista na obra de Frisch ''Mein Name sei Gantenbein''.
 
En [[1959]] inaugurou, como primeira profesora invitada, un posto relacionado coa poesía creado pola universidade de [[Frankfurt]] para permitir a un escritor de lingua alemá expoñer alí a súa "arte poética". Das seis conferencias inicialmente previstas desde [[novembro]] de [[1959]] a [[decembro]] de [[1960]], Bachmann só deu cinco, tituladas ''Problemen zeitgenössischer Lyrik'' (Cuestións de poesía contemporánea). ''Malina'', primeiro tomo da tetraloxía inacabada ''Todesarten'', foi o seu último traballo publicado en vida, en [[1971]].
Liña 31:
A súa morte nun hospital de Roma, por un incendio na súa habitación, no ano 1973, deixou a súa obra incompleta. A verdadeira causa da súa morte segue sen dilucidar, aínda que se rumoreou que non foi debido ás queimaduras senón á súa adicción a certos medicamentos que na súa estancia no hospital non continuou.
 
== Obras ==
* ''Last Living Words: The Ingeborg Bachmann Reader''
* ''Letters to Felician'' (cartas a un corresponsal imaxinario, escrito en [[1945]], publicado postumamente).
Liña 46:
 
{{ORDENAR:Bachmann, Ingeborg}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua alemá]]
[[Categoría:Escritores de Austria]]