Xohán Casal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Xohán Casal Pardo''', nado na [[A Coruña|Coruña]] a finais de [[1935]] e finado na mesma cidade o [[10 de xaneiro]] de [[1960]], foi un escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Fillo de [[Jacobo Casal Rey]]. Cursou estudos mercantís na [[A Coruña|Coruña]] pero abandonounos aos tres anos por problemas de saúde. Coñeceu a obra de [[Castelao]] en [[1956]] e rachou co seu facer en castelán. Considerado o iniciador da [[Nova Narrativa Galega]], escribiu ''O camiño de abaixo'', publicado en [[1970]] como obra póstuma cun prólogo do seu amigo [[Reimundo Patiño]]. A enfermidade do corazón que padeceu dende neno e que o levou prematuramente á tumba condicionou a súa vida. O resto da súa produción quedou inédito, agás un artigo sobre [[Rosalía de Castro]] publicado en ''[[El Ideal Gallego]]''.
 
O mundo dos relatos de Casal está dominado constantemente pola soidade e a morte. Aparecen elementos simbólicos desacougantes e opresivos.
 
== Obra ==
* [[1970]]: ''O camiño de abaixo'', [[Edicións do Castro]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* Artigo CASAL, Xohán na [[GEG]]
 
{{ORDENAR:Casal Pardo, Xohan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]