Robustiano Fernández Cochón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Robustiano Fernández Cochón''', coñecido como '''Tano''', nado en [[Nogueira, Meis|Nogueira]] ([[Meis]]) o [[8 de outubro]] de [[1907]] e finado en [[Pontevedra]] o [[31 de xaneiro]] de [[1956]], foi un arquitecto galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra (1918-1924). Comezou os estudos superiores na Universidade de Madrid (1924-1926), e rematounos na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en 1927. Asentouse en Lérez cara 1926. Colaborou co [[Seminario de Estudos Galegos]] nas súas xeiras realizando debuxos dos monumentos máis representativos. En [[1935]] ofreceuse ao concello de [[Meis]] para facer de balde o proxecto dos Grupos Escolares, realizou o proxecto do Bar-Salón de té da [[praia de Compostela]] de [[Vilagarcía de Arousa]] e en [[1936]] realizou o dos Grupos Escolares de [[Portas]]. No franquismo foi arquitecto da [[Deputación de Pontevedra]]. Formou parte da Xunta Directiva do Pontevedra C.F., do que foi vocal en 1947 e ao que axudou con achegas económicas. Participou na Comisión das Festas Patronais, na Delegación de Cultura, en 1945 e 1947. En 1945 foi vicepresidente do Liceo Casino de Pontevedra e en 1946 o seu Presidente.
 
Os seus proxectos máis importantes foron o bosquexo do Cine Malvar de Pontevedra, formando parte dun edificio de vivendas (1943) e o Instituto Provincial de Hixiene (1945). E entre as súas obras están o anexo ao edificio de Caixanova en Pontevedra e o Templo Novo de Marín, ambas de 1956. Outras obras menores son os pasadizos en arcos para unir varias casas no Museo de Pontevedra (1943) e a escalinata de ermida dos Miragres de Amil (1948-1952).
 
== Recoñecementos ==
O Concello de Pontevedra dedicoulle en [[1962]] unha rúa en [[Lérez, Pontevedra|Lérez]], lugar onde residiu até o seu pasamento.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://meis.blogaliza.org/?page_id=512 Biografía en Meis]
 
{{ORDENAR:Fernandez Cochon, Robustiano}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Fernandez Cochon, Robustiano}}
[[Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX]]
[[Categoría:Nados en Meis]]