Xosé Sesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
'''Xosé Sesto López''', nado en [[Pontevedra]] en [[1909]] e finado en [[1998]], foi un xornalista, escritor, debuxante e pintor galego.
 
== Traxectoria ==
Fundou a revista '' [[Acción (Pontevedra)| Acción]]'' onde publicou debuxos en tamén asinou contos co pseudónimo A. Turuxo. Despois participou na fundación das revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'' e ''[[Spes]]''. Militante do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], viviu con [[Alexandre Bóveda]] as súas últimas horas. Montou un obradoiro de restauración.
 
Chegou a [[Venezuela]] en [[1955]], traído polo seu irmán Manuel. Dedicouse á docencia na Escola de Artes Plásticas Cristóbal Rojas. Ese ano realizou a súa primeira exposición no Ateneo de Caracas. En [[1957]] ditou un curso sobre cultura bibliográfica e artes do libro na Radio Caracas Televisión. En [[1958]] fundou o seu obradoiro de encadernación Finisterre. Recibiu a cátedra de Artes do libro e encadernación artística na Escola de Artes Plásticas Cristóbal Rojas. Foi restaurador e director do laboratorio de restauración do Departamento de Patrimonio Histórico e Artístico da Alcaldía de Caracas. Nos últimos anos da súa vida realizou dous murais na capela do [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón]].
Liña 27:
É pai de [[Farruco Sesto Novás]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galizacig.com/actualidade/200309/xmc_xose_sesto.htm Xosé Sesto, o home que non só vivía de pan]
* [http://www.cervantesvirtual.com/bib/portal/exilio/exilio.pdf Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego]
 
{{Medallas Castelao}}
 
{{ORDENAR:Sesto Lopez, Xose}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]
[[Categoría:Exilio galego]]