Eulogio Gómez Franqueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3644370 de 88.24.230.96 (conversa)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 16:
'''Eulogio Gómez Franqueira''', nado en [[Cenlle]] en [[1917]] e morto en [[Ourense]] o [[20 de abril]] de [[1988]], foi un mestre, empresario e político galego de centro-dereita<ref>Justo G. Beramendi, ''De provincia a nación''. [[Edicións Xerais]], 2007, páxinas 1.109 e 1.113. </ref> ourensán.
 
== Traxectoria ==
=== Datos persoais ===
Estudou [[Maxisterio]] e exerceu como mestre durante case vinte anos, primeiro en [[San Amaro]] e logo en [[Castrelo de Miño]].
 
Liña 24:
O [[Xunta de Galicia|goberno de Galiza]] outorgoulle a [[Medalla Castelao]] no ano [[1986]].
 
=== Vida política ===
Aínda que simpatizante das [[Mocedades Galeguistas]] durante os anos finais da [[Segunda República Española|Segunda República]], a súa carreira política naceu durante o [[franquismo]], vencellado ás súas estruturas de poder. En [[1954]] accedeu a un posto de [[concelleiro]] en [[Castrelo de Miño]] e chegou a presidente da [[Irmandade de Labradores]], co que se iniciou na vida pública oficial vencellado aos sectores produtivos agrícolas. Neste período foi tamén mediador entre [[Fenosa (1942)|Fenosa]] e os campesiños nas negociacións da expropiación dos terreos onde se construiría o [[encoro de Castrelo de Miño]] e procurador nas cortes de [[Francisco Franco|Franco]].
 
No ano [[1977]], colaborou na creación da [[Unión de Centro Democrático]], (UCD). Precisamente con ese partido foi deputado por Ourense na lexislatura constituínte (do [[14 de xullo]] de [[1977]] ata o [[23 de marzo]] de [[1979]]) e despois, durante dúas lexislaturas, máis ata o [[15 de xullo]] de [[1986]]. Porén, esta última lexislatura correspondeuse coa desfeita electoral da forza centrista, e Gómez Franqueira, sen deixar o seu escano de deputado no [[Congreso español|Congreso]], fundou primeiramente [[Centristas de Ourense]] e finalmente, en [[1983]], [[Coalición Galega]].
Liña 31:
En [[1984]] sufriu un [[derrame cerebral]] que o afastou da vida política, co que se abriu unha crise de liderado na formación nacionalista de centro.
 
=== Carreira empresarial ===
Como empresario iniciouse tamén en Castrelo de Miño, onde montou unha cooperativa de reparto de produtos. En [[1959]], Gómez Franqueira foi nomeado xerente da [[Unión Territorial de Cooperativas Ourensás]] (UTECO) e impulsou as Cooperativas Ourensás (COREN), nacidas en [[1961]]. Na fundación da empresa, que tivo ao comezo unicamente unha vintena de socios e unha achega de capital tecnolóxico estadounidense ([[Swift]]), puxo todo o seu esforzo, e dela obtivo os maiores rendementos económicos e tamén políticos. O seu obxectivo era abrir as actividades destas cooperativas para que entre todas puidese controlar o proceso produtivo completo, dende a obtención de [[materia prima|materias primas]] até a comercialización dos produtos finais.
 
Liña 40:
Ao seu falecemento, o seu fillo [[Manuel Gómez-Franqueira]] pasou a dirixir a empresa, da que é conselleiro delegado.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Diputados/BusqForm?_piref73_1333155_73_1333154_1333154.next_page=/wc/listadoFichas?idDiputado=277&idLegislatura=0 Ficha no Congreso dos Deputados]
 
{{Medallas Castelao}}
 
{{ORDENAR:Gomez Franqueira, Eulogio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Personalidades da empresa de Galicia]]