Estrutura cuaternaria das proteínas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Hemoglobin.jpg|300px|miniatura|A [[hemoglobina]] é un exemplo de proteína con estrutura cuaternaria, formada por catro subunidades. A forma en que se colocan as subunidades é a estrutura cuaternaria da hemoglobina.]]
 
En [[bioquímica]], a '''estrutura cuaternaria das proteínas''' é a disposición que presentan varias proteínas pregadas ou enroladas que forman un [[complexo proteico|complexo]] de múltiples subunidades en estado nativo. Téñena as proteínas oligoméricas ou que forman complexos, que están formadas por varias cadeas polipeptídicas. A disposición adoptada polas distintas cadeas é a estrutura cuaternaria do conxunto. Por tanto, o concepto de estrutura cuaternaria non ten sentido en proteínas formadas por unha soa cadea polipeptídica. Un exemplo de proteína con estrutura cuaternaria é a proteína [[hemoglobina]], formada por catro cadeas polipeptídicas, que son dúas subunidades alfa e dúas beta, dispostas en cadro. Outro exemplo son as [[inmunoglobulina]]s, formadas por catro cadeas, dúas pesadas e dúas lixeiras, dispostas formando un y grego.
 
En xeral, a estrutura cuaternaria dálle á proteína a súa funcionalidade e ás veces proporciona ao complexo un eixe ou punto de simetría, aínda que non é necesario. A principal causa da estabilización das estruturas cuaternarias é a interacción hidrófoba entre [[aminoácido]]s non polares (as partes [[hidrófobo|hidrófobas]] dos monómeros xúntanse de maneira que minimicen a superficie exposta ao solvente), pero tamén pode haber [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]], forzas electrostáticas e [[ponte disulfuro|pontes disulfuro]].