Coca (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 12:
== Lendas ==
=== A Coca de Redondela ===
{{Artigo Principal|Festa da coca de Redondela}}
A tradición di que se presentou un día en [[Redondela]]. Xurdiu das ondas do mar, que estaba moi embravecido, e nun veloz ataque devorou a dúas raparigas que xogaban na praia da vila. Repetiu moitas veces o seu ataque, levando sempre as máis fermosas cativas. Os veciños de Redondela escolleron en asemblea os vinte e catro homes máis fortes e destemidos, coa encomenda de atacar a tarasca na súa próxima aparición. A campá da igrexa deu o aviso da chegada do monstro e os elixidos acosárona e déronlle morte coas súas espadas. Formouse de contado unha gran procesión e ó redor da besta morta os loitadores iniciaron unha danza, as mozas seguiron o baile erguendo nos ombreiros as meniñas máis novas, e danzando con elas en alto.