Club Vigo Voleibol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*plantilla (equipo deportivo): equipo, conxunto, grupo, cadro de xogadores (profesionaliza a túa lingua-deportes) tamén inclúe plantel pero é un castelanismo (americanismo) presente no portugués pero que non aparece no DRAG
Liña 8:
O primeiro ascenso da súa historia á División de Honra produciuse en [[1971]], situándose entre os mellores equipos de [[España]] durante a tempada [[1971]]-[[1972]]. Na tempada seguinte viuse obrigado, por problemas económicos a renunciar á máxima categoría, mais ascendeu novamente en [[1973]]. Finalizada a tempada, outra vez a falla de medios económicos leva ao club a renunciar á máxima categoría.
 
En [[1975]] acadou o ascenso outra vez á máxima categoría baixo o patrocinio da empresa ''M. RIEGO VIGO'', que se mantén durante cinco tempadas. Ao longo desas cinco tempadas conseguiu moitos éxitos deportivos, cunha plantillaequipo formadaformado unicamente por xogadores viguesas, entre os que destacaron cinco de eles que serían internacionais: Emilio Vallina, José Miguel Fuentes, Camilo Rodríguez, Eduardo Fernández e Ricardo Collazo. Este equipo disputou por primeira vez a final da [[Copa do Rei de Voleibol|Copa do Rei]] en [[Burgos]]. Por outra banda, o equipo feminino proclamouse Campión da [[Copa da Raíña de Voleibol|Copa da Raíña]] en [[Sevilla]].
 
Pasadas esas cinco tempadas, novos problemas económicos levaron ao club a renunciar á súa participación na División de Honra, á vez que provocaban a desaparición do equipo feminino.
Liña 22:
A tempada [[1993]]-[[1994|94]] supuxo o relanzamento do club olívico e do seu primeiro equipo, que chegou a disputar a final da [[Copa do Rei de Voleibol|Copa do Rei]], clasificouse no cuarto lugar na [[Superliga española de voleibol masculino|Liga española]], e clasificouse ademais para xogar nunha Competición Europea, fito que sucedía por primeira vez na historia do Voleibol Galego.
 
Durante este novo período de éxitos, convocouse algúns xogadores da plantilla viguesado sonconxunto chamadosvigués para xogar coa selección española. Neste contexto destaca o Subcampionato de Europa JuniorJúnior, no que participaron Jorge de la Fuente, Enrique de la Fuente e Luis Iglesias, tres xogadores que seguen sendocompletando chamados a completar lao plantillagrupo das distintas seleccións españolas.
[[Ficheiro:Pavillón Municipal de Coia, Vigo.jpg|miniatura|Pavillón Municipal de Coia, Vigo.]]
O primeiro equipo deixa de xogar no [[Pavillón de As Travesas]] para pasar ao [[Pavillón Municipal de Coia]], onde disputa os seus encontros na actualidade.