Cerebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Morfoloxía cerebral humana: inverter = dar a volta, investir = "invertir" diñeiro
Liña 117:
Está dividido pola [[fisura lonxitudinal do cerebro]] en dous [[hemisferio cerebral|hemisferios cerebrais]], un dereito e outro esquerdo, atopándose en cada [[hemisferio]] outras fisuras, aínda que menos fondas que esta, que dividen a superficie cerebral en varias partes chamadas [[lobo (anatomía)|lobos]].
 
Aínda cando ambos os hemisferios humanos son opostos, non son a imaxe xeométrica investidainvertida un do outro. Desde un punto de vista puramente [[Morfoloxía (bioloxía)|morfolóxico]] son [[asimétrico]]s. ''[[Homo erectus]]'', que foi antepasado noso, foi dos primeiros en telo asimétrico, como o home moderno. a asimetría é un trazo de aumento da especialización, dunha capacidade cognitiva máis complexa.
 
Existen casos documentandos de pacientes nos que se lles tivo que extirpar unha das metades do cerebro. A metade cerebral que se conserva asome tarefas das que antes se encargaba a outra metade, e inevitablemente pérdense outras. Ambas as metades procesan a información de forma redundante, pero coa peculiaridade da variación asimétrica do hemisferio que o procesa. A ausencia dun hemisferio incapacita ao individuo de interpretar o medio dunha forma máis ampla, restrinxindo a súa capacidade de traballo a certas funcións propias do hemisferio activo.