Peregrinación a Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Peregrinación mediante HotCat
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
Pódense agrupar as posibles motivacións nas seguintes posibilidades:
* Por devoción, incluíndo votos e promesas, como agradecemento por librarse dun mal grave. Tamén houbo casos de peregrinos, de pago ou voluntarios, que viñan interceder ante o Apóstolo encomendados por un pobo sometido a algunha calamidade, como [[peste negra|pestes]] ou [[fame negra|fames negras]]. A cidade de [[Perpiñán]] pagou a viaxe de dous peregrinos en [[1482]] para saír dunha gran seca e doutro en [[1561]] <ref>López Pereira, px. 38.</ref>.
* Forzados, como penitencia canónica para expiar un [[pecado]] grave ou sentenza ditada por un tribunal. Un concilio celebrado en [[Clermont-Ferrand|Clermont]] en [[1150]] permitía cumprir mediante unha peregrinación unha sentenciasentenza de [[asasinato]] ou por causar un incendio. Houbo ocasións nas que estas peregrinacións de expiación debían facer en condicións especialmente duras, como facelo encadeados.
* Pódense incluír tamén como forzados os peregrinos obrigados por [[testamento|manda testamentaria]]. Así foi que un tal Bernardo testaba en [[1350]] que "''Ordeno que, como prometín facer cinco peregrinacións, unha a Santiago, outra a ... , que esas peregrinacións sexan feitas polos meus fillos, cada un a súa, se un só non pode facelas todas''" <ref>Citado por López Pereira, px. 38.</ref>.
* Económicos, cando se facía o Camiño no nome doutra persoa, cousa frecuente na [[Baixa Idade Media]] cando apareceron auténticos peregrinos profesionais. En [[1395]], un cóengo francés ditaba que "''Quero e ordeno ... que un pobre vaia a Santiago de Galicia no meu nome e á miña conta, e que dea en ofrenda un franco de ouro''" <ref>López Pereira, px. 38.</ref>.