Idade Contemporánea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*fiadora mecánica: fiadeira mecánica.
Liña 92:
 
=== A máquina de vapor, o carbón, o algodón e o ferro ===
A experimentación da [[Máquina de vapor|caldeira de vapor]] era unha práctica antiga (o grego [[Herón de Alexandría]]) que se renovou no século XVI (os españois [[Blasco de Garay]] e [[Jerónimo de Ayanz y Beaumont|Jerónimo de Ayanz]]) e que a finais do século XVII producira resultados alentadores, aínda que aínda non aproveitados tecnoloxicamente ([[Denis Papin]] e [[Thomas Savery]]). En 1705 [[Thomas Newcomen]] desenvolvera unha [[máquina de vapor]] suficientemente eficaz para extraer a auga das minas alagadas. Tras sucesivas melloras, en [[1782]] [[James Watt]] incorporou un sistema de retroalimentación que aumentaba decisivamente a súa eficiencia, o que posibilitou a súa aplicación a outros campos. Primeiro á industria téxtil, que fora desenvolvendo previamente unha [[revolución téxtil]] aplicada aos fíos e tecidos de algodón coa [[lanzadeira volante]] ([[John Kay]], 1733) e a [[fiadorafiadeira mecánica]] (''[[spinning Jenny]]'' de [[James Hargreaves]] -1764-, ''[[water frame]]'' de [[Richard Arkwright]] -1769, movida con enerxía hidráulica, aplicada en [[Cromford Mill]] desde 1771- e ''[[spinning mule]]'' ou ''[[mule jenny]]'' de [[Samuel Crompton]], 1779); e que estaba madura para a aplicación do vapor ao [[tear mecánico]] (''[[power loom]]'' de [[Edmund Cartwright]], 1784) e outras innovacións demandadas polos ''pescozos de botella'' aos que se forzaba aos subsectores sucesivamente afectados, pondo á industria téxtil inglesa á cabeza da produción mundial de teas. Logo aos transportes: o [[barco de vapor]] ([[Robert Fulton]], [[1807]]) e posteriormente o [[ferrocarril]] ([[George Stephenson]], 1829), cuxo desenvolvemento se viu obstaculizado polos receos sociais que suscitaba; pero que permitiu extraer toda a potencialidade ás vías férreas de uso mineiro e tracción animal e humana que viñan utilizando extensivamente co ferro de [[Coalbrookdale]] fundido con [[coque]] ([[Abraham Darby I]], [[1709]]; ponte de [[Ironbridge]], 1781). O vapor, o carbón e o ferro aplicáronse a todos os procesos produtivos susceptibles de mecanización. O invento de Watt representara o salto decisivo cara á industrialización, e Inglaterra, a primeira en facelo, converteuse ''no taller do mundo''.
 
[[Ficheiro:Vincent Van Gogh - The Potato Eaters.png|miniatura|''Os comedores de patacas'' ([[Vincent van Gogh]], 1885. A pataca converteuse nun alimento case único en moitas zonas, co que a súa ausencia producía espantosas fames negras, como a [[fame de Irlanda]] de 1845-1849, que ademais orixinou unha emigración masiva.]]