Castro dos Prados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Acerto (conversa | contribucións)
Revert to revision 343545 dated 2007-04-11 23:18:29 by Lansbricae using popups
Liña 5:
Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da [[praia de San Antón de Espasante]], estando moi próximos o [[Castro de Coroa de Ladrido]] e o [[Castro do Tallo de Ladrido]] e tamén unha vila romana.
 
== Descrición ==
 
O único aceso por terra ao xacemento conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido.
 
Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuidas en cinco campañas entre os anos [[1987]] a [[1992]].
 
O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento entorno ao [[século I a.c.]] momento que parece coincidir co do elemento mais importante atopado neste castro, o '''Monumento con Forno''' ou [[Pedra Fermosa]] ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto co de '''"Augas Santas"''' en [[Allariz]]. A sua pranta distribuese en ''Atrio'', ''Cámara'', ''Antecámara'' e ''Forno'', sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso foi o de balnearios de vapor, e do que a pedra fermosa, normalmente profusamente decorada de ahí o seu nome, constituia o sistema de aceso.
 
Durante as excavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, [[terra sigillata]], anacos de ánforas...), muiños circulares, [[fusaiolas]], alisadores, [[fibelas]], [[fíbulas de traveseiro longo]] e un [[as de bronce]] de época imperial (datado no [[26 a.c.]]). Vinculados a estos restos oseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexilón, berberecho, ostras...).