Era viquinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 14:
Hai varias teorías respecto ás causas das invasións viquingas. Para a xente que vivía ó longo da costa parecería natural buscar terras navegando. Outra razón é que este período, Inglaterra, Gales e Irlanda, os cales estaban divididos en reinos que se enfrontaban entre si, eran débiles para opoñerse, polo que eran unha presa fácil. Porén, os [[francos]] tíñanse defendido ben dos seus ataques fortificando os portos. As ganas de aventuras tamén podería ser outro factor. Unha razón para as incursións crese que foi a superpoboación causada polos avances tecnolóxicos, como o uso do ferro. Aínda que outra causa puido ser a expansión dos francos polo sur dos territorios escandinavos e os conseguintes ataques ós pobos viquingos. Outro posible factor que puido contribuír, é que [[Harald I de Noruega|Harald Fairhair]] uniu ós pobos de Noruega naquel entón e os guerreiros contrarios a el que foron desprazados non terían a onde ir, polo que estes viquingos serían guerreiros en busca de subsistencia e bases dende as que poder atacar a Harald. Unha teoría que se suxeriu, é que os viquingos sementaban os cultivos despois do inverno e logo ían realizar as súas incursións. Entón volvían a casa co seu botín, para a colleita.
Un importante centro de comercio foi [[Hedeby]], xunto á fronteira cos [[francos]], foi un importante crucecruzamento de camiños ata a súa destrución polos noruegueses nunha disputa interna, cara o ano [[1050]]. [[York]] foi o centro do reino de Jórvík dende o ano 866, e os restos atopados, amosan que no [[século X]], os seus intercambios comerciais chegaban mesmo alén do [[Imperio bizantino]], aínda que ben puideron ser importacións, e non hai razón para supoñer que os [[varegos]] viaxaron realmente máis aló do [[Imperio bizantino]] e do [[Mar Caspio]].
 
== Europa occidental ==