Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m correccións de erratas e linguaxe
Liña 23:
'''Marco Ulpio Traxano''' (en [[latín]]: ''Marcus Ulpius Traianus''), coñecido abreviadamente como '''Traxano''', nado en [[Itálica (cidade)|Itálica]], preto de Hispalis (actual [[Sevilla]]), o [[18 de setembro]] do ano [[53]] e finado en Selinus o [[9 de agosto]] de [[117]], foi un [[Imperio Romano|emperador romano]]. Reinou desde o ano 98 até a súa morte, e foi o primeiro emperador de orixe non itálica. Iniciou a tradicionalmente chamada dinastía Antonina.
 
O 27 de xaneiro do ano 98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só o ''cognomen''. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e a Columna Traxana. Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triúnfostriunfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino de [[Dacia]], derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara oao Leste e conquistou o reino nabateo (actual [[Xordania]]) e estableceu a provincia de [[Arabia Pétrea]]. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partria e, chegando a Susa no 116, acadandoco que o Imperio acadou a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senado ''post mortem'' e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivo [[Hadriano]].
 
==Traxectoria==
Marco Ulpio Traxano naceu o 18 de setembro de 53 d. C. na cidade de Itálica, a escasos quilómetros de Hispalis (Sevilla), adscrita á provincia romana de [[Bética]], que estaba intensamente romanizada. A patria dos Ulpios era Itálica, onde os seus antepasados se asentaran a finais do século III a. C. Isto indica que a orixe italiana era posible, pero recentemente sinalouse convincentemente que os antepasados da familia eran nativos, sendo [[Traxano o Vello]] en realidade un ''Traius'' adoptado pola familia dos ''Ulpii''. O propio Traxano non era máis que un dos moitos e ben coñecidos Ulpios (''Ulpii'') nunha serie que continuou moito despois da súa propia morte.
 
Como o seu pai, Traxano era fiel á casa dos Flavios. Ascendeu por méritos propios na escala do exército romano, servindo nalgunhas das partes máis polémicas da fronteira imperial, en diversos lugares: desde a súa nativa [[Hispania]] até o [[río Danubio]], [[Xermania superior|Xermania]] e [[Siria]]. Nesta última, con 24 anos, Traxano tivo o mando dunha [[Lexión romana|lexión]]. No ano 96 converteuse en gobernador de Xermania, prestando servizo sobre ana fronteira, unha das máis problemáticas do Imperio, ao longo do río Rin. Tomou parte nas guerras do emperador [[Domiciano]] contra os pobos xermanos e era coñecido como un dos mellores comandantes do Imperio cando, no ano 96, foi asasinado o emperador. O 18 de setembro, Nerva sucedeu a Domiciano, pero debido á súa impopularidade, logo dun ano no poder, unha rebelión da Garda Pretoriana obrigouno a adoptar ao moi popular Traxano, entón gobernador da Xermania Superior, como herdeiro e sucesor, na primavera ou o verán de 97. Segundo a Historia Augusta, foi o futuro emperador Hadriano quen levou a Traxano a noticia da súa adopción. Nerva morreu inesperadamente o 27 de xaneiro do 98 e Traxano, sucedeuno sen incidentes e, co goberno despótico de Domiciano aínda latente, foi recibido cos brazos abertos polo Senado.
 
=== O Imperio ===
Converteuse en emperador en xaneiro do 98, sendo o primeiro emperador romano de orixe non itálica, o que denotaba unha perda de peso político desta rexión no poder romano. Sen embargo, non foi proclamado emperador até dous anos despois de ser nomeado, pois antes de chegar a Roma asegurou a fronteira entre o Rin e o Danubio, construíndo un limes para protexer as terras, e tamén mellorou as comunicacións entre as cidades xermanas.
 
=== O Senado ===
O novo Emperador foi acollido polo pobo de Roma con grangrande entusiasmo, pois o seu ascenso sen derramamento de sangue nin terror contrastaba co anterior goberno de Domiciano: liberou a moitas persoas que foran encarceradas inxustamente por Domiciano e devolveu boa parte dedas propiedadepropiedades privadaprivadas que este confiscara. A súa popularidade foi tal que co tempo o [[Senado Romano]] conferiulle a Traxano o título honorífico de ''Optimus'', isto é, "Óptimo". Durante a cerimonia no Senado con motivo do seu ascenso ao trono imperial, o senador [[Plinio]] dedicoulle un famoso e interminable Panexírico (''Panegyricus Traiani'') no que pedía que se lle concedese ao Senado unha maior implicación na condución dos asuntos da administración pública do Estado; Traxano observou aquela regra e chamou a moitos dos senadores a gobernar as provincias romanas. Conservou un control moi forte, ocupándose escrupulosamente dos asuntos das diversas provincias e reservándose, por exemplo, os permisos para a construción de edificios públicos. Isto permitiulle desenmascarar e castigar a moitos senadores acusados de malversación, que aproveitaran a política indulxente do precedente emperador, Nerva. Traxano valeuse dun órgano xudicial creado por el para investigar estes delitos, o ''Consilium Principis'', do cal formaron parte os mellores xuristas da época. Foron numerosos os investigados por casos de mal goberno das provincias, aínda que o mesmo Senado ditou xeralmente sentenzas favorables.
 
=== Guerra contra os dacios ===
[[File:Dacia SPQR.png|miniatura|Dacia no Imperio Romano]]
Para os historiadores, Traxano destaca sobre todo como comandante militar, particularmente polas súas conquistas en Oriente Próximo, pero inicialmente polas dúas guerras contra [[Dacia]], no que hoxe é [[Romanía]]. A súa conquista (101-102), logo ada súa demorada reconquista e a desfavorable (e, para algúns, vergoñosa) paz negociada polos servidores de Domiciano perturbou o pensamento romano durante anos. Así, durante o reinado de Traxano un dos máis importantes éxitos foi a vitoria sobre este pobo. A primeira confrontación importante entre os romanos e os dacios aconteceu no ano 87 e foi iniciada por Domiciano. Foi o xeneral dacio [[Decébalo]], que logo se convertería en rei, quen ofreceu a principal resistencia á dominación. O emperador Domiciano fixera campaña contra Dacia desde 86 a 87 sen asegurarsese asegurar un resultado decisivo e Decébalo desobedecera descaradamente os termos da paz (89) que pactara ao termo desta campaña.
 
Con esta ofensiva para ampliar territorios, Traxano acababa cunha política seguida desde os tempos de [[Augusto]] de manter o Imperio dentro de certos límites e facer simples guerras defensivas (a única excepción fora a conquista de [[Britania]] en tempos de [[Claudio]]). Cara a marzo de 101, Traxano iniciou a súa primeira guerra contra os dacios liderados por Decébalo. Para iso,isto pasou á beira setentrional do Danubio sobre unha ponte de pedra que construíra, cruzou as Portas de Ferro e dirixiuse cara á capital, [[Sarmizegetusa]]. Atacou o reino con catro lexións e derrotou ao exército dacio preto dun porto chamado Tapae. As tropas de Traxano, con todo, quedaron danadas no encontro, e desistiu de calquera outra campaña durante o resto do ano, para sanarsandar ás tropas, reforzarse e reagruparse. Durante o inverno posterior, o rei Decébalo lanzou un contraataque cruzando o Danubio máis lonxe corrente abaixo, pero foi rexeitado. O exército de Traxano penetrou máis en territorio dacio e forzou ao rei Decébalo a someterse o ano seguinte, despois de que o emperador acampase a poucos quilómetros da capital, en Sarmizegetusa Rexia. Conquistou Dacia completamente en 106, a pesar da forza e a resistencia dos nativos. O avance do exército de Roma até a capital non padeceu obstáculos grazas á súa superioridade numérica, á loxística e ás tácticas xa consolidadas por séculos de guerras e asedios, por exemplo, a formación en tartaruga e o "carrobalista", antepasado dos canóns. Tras destruír a capital dacia, fundou a ''Colonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa'', noutro lugar distinto á da previa capital, aínda que levou o mesmo nome. Colonizou Dacia con romanos e anexionouna ao imperio como unha nova provincia. As campañas dacias de Traxano beneficiaron as finanzas do Imperio a través da adquisición de minas de ouro. Ademais, descubriu o tesouro escondido de Decébalo, que ascendía a 165 toneladas de ouro e o dobre de prata.
 
=== Expansión cara a Oriente ===
[[File:Arabia Syrie SPQR.png|miniatura|As provincias de Siria (vermello escuro) e Arabia Pétrea (vermello claro)]]
As razóns formais da anexión do reino nabateo son inseguras, mais certas evidencias epigráficas suxiren unha operación militar, con forzas de Siria e Exipto. O que resulta claro, con todo, é que para o ano 107, establecéronse lexións romanas na rexión que rodea Petra e Bostra. Este reino dos nabateos converteuse en provincia romana co nome de ''Arabia Petraea'', quee abarcaabarcaba o sur da actual Xordania e o noroeste de Arabia Saudita. Coa anexión deste territorio asegurouse a continuidade territorial entre Exipto e as provincias asiáticas. Todo o [[Mediterráneo]] quedaba desde entón en mans dos romanos, os cales o consideraron «un lago privado», conferíndollee déronlle o título de ''Mare Nostrum''.
 
=== Período de paz: as reformas ===
Os sete anos seguintes, Traxano gobernou como un emperador civil, pero co mesmo éxito que antes. Tolerou a incipiente relixión cristiá sempre que non se promocionase en público; construíu varios edificios novos, monumentos e estradas en Italia e a súa Hispania natal (como a Vía Traxana e a Vía Traxana Nova). Un acto destacado de Traxano foi celebrar uns xogos de gladiadores de tres meses no gran Coliseo de Roma, aínda que a data exacta descoñécese. Combinando carreiras de carros, loita con animais e loitas de gladiadores, díxose que este espectáculo sanguento deixara 11.000 mortos, na súa maioría escravos e criminais, poramais non mencionar aosdos miles de bestas feroces mortas xunto concanda eles. Atraeu a un total de cinco millóns de espectadores ao longo dos xogos.
 
Outro acto importante foi a súa creación formal dos ''alimenta'', un programa de benestar que axudaba a nenos orfos e pobres por todo o Imperio: proporcionaba fondos xerais, así como comida e educación subvencionada, véndoseque foi apoiado inicialmente polos fondos da guerra dacia, e máis tarde por unha combinación de impostos estatais e de filantropía. Favorecía ao tempo o desenvolvemento da natalidade, que caera até índices alarmantes, de maneira que se corría o perigo de que houbese escaseza de soldados. Con iso ponse en evidencia que Traxano non concentrou as súas enerxías e as do Imperio só en campañas militares e a construción de edificios públicos: tamén foi un cauteloso estadista e filántropo, interesado nas condicións de vida dos seus cidadáns e por tanto atento ás reformas sociais e políticas.
 
En materia xudicial, diminuíu os tempos dos procesos, prohibiu as acusacións anónimas, asíe comomais as condenas con falta de probas sólidas ou en presenza de calquera dúbida.
 
En materia económica e social atopou a forma de organizar a burocracia e promulgou leis a favor da pequena propiedade campesiña, cuxa base estaba ameazada ao estendersese estender o latifundio: Traxano favoreceu a repoboación de campesiños libres na península, investindo capitais e proporcionando aos colonos os medios porpara se sustentarsesustentar e traballo nos campos; a cambio, os colonos investían unha parte das colleitas como pago da débeda. Este sistema, coñecido como colonato, necesitou control estatal para poder funcionar. Por unha banda, había que impedir que os recadadores de impostos depredaran aos colonos ou que os latifundistas esixisen máis do debido reducindo á miseria e a semiescravitude aos campesiños; por outrooutra necesitaba defender aos colonos dos bandidos e os invasores que puidesen devastar as terras obrigándollesobrigándoos ao abandono do campo e marchar á cidade deixando as terras sen cultivar. Para evitar o declive da agricultura itálica impuxo aos senadores que investisen en Italia polo menos a terceira parte dos seus capitais. Puxo límites á emigración da península, tentando incentivar a presenza da clase social empresarial e a man de obra nunha Italia que estaba a perder a súa centralidade e que estivo a piques de encamiñarsese encamiñar a unha fase de decadencia. Aliviou a presión fiscal sobre as provincias, aboliu algunhas tasaciónstaxas que cargaroncargaban sobre os provinciais e os itálicos;, creando así un tipo de "caixa de aforros popular" que concedeu préstamos aos pequenos campesiños e empresarios romanos que se beneficiaron de amplas concesións, favorecendo as primeiras cooperativas e asociacións profesionais. Cos beneficios e as rendas das reformas emprendidas, Traxano edificou colexios e orfanatos. Ao facerFacendo isto, o emperador garantiu aos emperadores seguintes unha clase social dirixente hábil e capaz.
 
Os problemas económicos solucionábanse no campo de batalla, que tiña a dobre finalidade de establecer a paz nas fronteiras e atopar o ouro e a prata necesarios para as construcións, as reformas e para colmar o déficit económico dos emperadores precedentes. As súas prolongadas estancias na guerra exterior non impediron, pois, que Traxano levaralevase a cabo unha intensa política interior, motivo de acesos eloxios na historiografía romana, portavoz do Senado, unha vella institución que botaba en falta o poder do que gozaba na época anterior a Augusto, durante a República. O ascenso ao poder de Traxano supuxo para os senadores a recuperación da liberdade perdida, «un tempo novo», segundo Plinio. Coa colaboración do Senado, onde instaurou o voto secreto, Traxano trazou un plan de rexeneración moral e política que tivo consecuencias na administración, a xustiza e a economía.
 
=== Guerra contra os partos ===
No 113, Traxano comezou unha campaña contra os [[partos]], provocada pola decisión do rei parto [[Osroes]] de colocar a un rei monicreque inaceptable no trono de [[Armenia]], reino sobre o cal compartiran hexemonía os dous grandes imperios desde os tempos de [[Nerón]], uns cincuenta anos antes. Probablemente, a idea do emperador nacía tamén do seu desexo de levar a cabo as campañas que tiñafixera [[Xulio César]], o seu autor favorito, antes de morrer: ao norte do Danubio e contra os partos.
[[Ficheiro:Roman Empire in 116 AD.png|miniatura|300px|O Imperio Romano no 116, na súa máxima extensión]]
A primeira fase foi un completo éxito: os partos foron derrotados e Armenia, Asiria e Mesopotamia foron integradas no Imperio. Comezou por Armenia, depondo no ano 114 ao seu rei parto, Partamasiris, e convertendo Armenia en provincia romana. Logo marchou cara ao sur, entrando na propia Partia, tomando as cidades de Babilonia, Seleucia e finalmente a capital Ctesifonte no ano 116. Seguiu cara ao sur, até alcanzar o Golfo Pérsico, lamentando ser demasiado vello para seguir os pasos de Alexandre Magno e alcanzar a exótica e distante India. Foi o punto oriental máis afastado ao que chegou o [[Imperio romano]]. Non só quedou ocupada toda Mesopotamia senón que a vangarda do exército romano, dirixida por Lucio Quieto asomouse ás primeiras cadeas montañosas de Persia. Máis aló destes límites non puido proseguir, ante todo, por problemas loxísticos. A vastidadevasteza dos territorios ocupados e a presenza de sacosbulsas de resistencia e a táctica da guerrilla con porteirosarqueiros de a cabalo, usada polos partos, puñan en perigo a conquista. En 116, Traxano, consciente das dificultades, decidiu adoptar as armas da política: depuxo ao rei parto Osroes I e puxo o seu propio gobernante monicreque, [[Partamaspates]] no trono. Por outra banda, a súa saúde comezoucomezoulle a fallarllefallar. Estivo persoalmente presente no asedio da cidade de [[Hatra]] e é posible que sufrise un golpe de calor con esascoas elevadas temperaturas. Pouco despois, os [[xudeus]] do interior do Imperio romano rebeláronse unha vez máis, por todo Oriente Próximo: Exipto, Chipre, Cirenaica, Xudea e Mesopotamia desde o ano 115, en plena campaña contra os partos. O emperador viuse obrigado a retirar o seu exército para esmagar as revoltas. Considerouno simplemente como un contratempo pasaxeiro, pero estaba destinado a non volver nunca a mandar un exército no campo de batalla, entregando os seus exércitos orientais ao legado de alto rango e gobernador de Xudea, Lucio Quieto, quen se fixo cargo deles xunto con Marcio Turba.
 
As conquistas de Traxano fixeron crecer o imperio de cinco a seis millóns de quilómetros cadrados.
 
== Morte e sucesión ==
Concluída a súa anexión dos territorios partos e mesopotámicos, no 116, Traxano caeu enfermo e emprendeu a viaxe de volta cara a Italia. A súa saúde declinou na primavera-verán de 117, e para cando chegou a [[Selinus de Cilicia]], que máis adiante se chamou Traxanópolis na súa honra, morreu repentinamente de [[edema]] o 9 de agosto. As cinzas de Traxano colocáronse debaixo da [[Columna de Traxano|Columna Traxana]], o monumento que conmemoraba o seu éxito, derrogandoderogando a antiga lei que impedía as sepulturas no interior do perímetro cidadán. A urna perdeuse durante as invasións bárbaras e perdeusetamén o seu rastro. [[Hadriano]], ao converterse en emperador, devolveu Mesopotamia ao imperio parto, como parte dun tratado de paz no 125, pero conserváronseconservou o resto de territorios conquistados por Traxano.
 
[[Ficheiro:Bust Hadrian Musei Capitolini MC817.jpg|miniatura|175px|Busto de Hadriano, Museo Capitolino.]]
Xusto antes de morrer, Traxano adoptou a Hadriano (''Publius Aelius Hadrianus'') como sucesor. Era fillo dun primo de Traxano e estaba casado cunha sobriña neta do emperador. Loitara, ademais, nas guerras dacias, onde tivo unha participación destacada. Entre a historiografía romana estendeuse o rumor de que este nomeamento fora unha tretaargucia da súa muller, Pompeia Plotina, e que realmente nunca nomeou expresamente a Hadriano como sucesor. No entanto, parece que xa dera mostras da súa preferencia polo mozo, xa desde o ano 100 ou enpolas tornovoltas aodo 106, pois aínda que as súas relacións sufriran altibaixos, en realidade, Hadriano era o seu único familiar home directo e por tanto o único herdeiro posible para a continuación dunha verdadeira dinastía.
 
== Construcións ==
Liña 74:
 
=== Portos ===
Entre as construcións que realizou cóntanse o celebérrimo [[Porto de Traxano]] hexagonal de Ostia, que unía Roma coas rexións occidentais do Imperio. A obra estivo entre as máis importantes para a cidade, que obviou así os seus problemas de aprovisionamento . Ampliou o porto de Ancona coa construción dun embarcadoiro para facilitar a navegación cara a Oriente, embarcadoiro que foi adornado mediante un arco; procurou un novo traxecto da vía Apia cara ao porto de Brindisi, que partía doutro arco edificado en Benevento. Tamén interveu nas Lagoas Pontinas.
 
=== Rede hídrica ===
A Traxano débese a construción doutro [[acueduto]] que aumentaba aínda máis os recursos hídricos de Roma, que estaban xa asegurados ende abundanciaabondo polos acuedutos construídos con anterioridade. Os labores iniciáronse no ano 109, recollendo a estrutura, auga que xurdía nos montes Sabatinos, preto do lago de Bracciano (''Lacus Sabatinus''). A extensión da rede hídrica foi incentivada non só en Roma, senón tamén en Dalmacia, na súa nativa Hispania e en Oriente, isto é, nos climas áridos que precisaban un maior aprovisionamento hídrico. En Roma, Traxano fixo ampliar as canles subterráneas e os desaugadoiros da Cloaca Máxima para que corresen con máis eficiencia as augas de choiva e as que acababan descargando no Tíber. Tamén se reforzaron as beiras do río para evitar desbordamentos que afectasen á cidade.
 
=== Complexo monumental ===
[[Ficheiro:Trajan's Forum.JPG|miniatura|300px|Vista do Foro de Traxano.]]
En Roma, renovou o centro da cidade coa construción dun inmenso foro e dos edificios de ladrillo contiguocontiguos a el, destinados á administración pública, para cuxa realización fixo nivelar grandes zonas das ladeiras dos outeiros circundantes (Quirinal e Campidoglio). O extraordinario complexo do [[Foro de Traxano]] resolvía os problemas de conxestión da zona centro da cidade antiga ao redor da vía Sacra. Tamén destaca o [[Mercado de Traxano]].
 
[[Ficheiro:Trajan's Column, Rome (14271952855).jpg|miniatura|175px|Columna de Traxano.]]
Ademais da pública basílica Ulpia, a praza, as oficinas, as bibliotecas e o templo do divino Traxano, erixiu no seu foro a [[Columna de Traxano]] como celebración das súas conquistas militares na campaña de Dacia, aínda hoxe un dos símbolos da eternidade de Roma. Ten preto de 30 metros de alta e 4 de longadiámetro, en orixe coloreada, no interior ten unha escaleira de caracol que leva ao cume. No exterior desenvólvese unha espiral sobre a columna, cun fresco de 200 metros de longo con máis de 20002 000 figuras esculpidas en baixorrelevo. A columna estaba coroada por unha estatua do emperador, substituída no ano 1588 por unha de San Pedro, e na base colocouse a urna funeraria de ouro contendo as cinzas do defunto emperador que recibiu así a honra excepcional de ser sepultado dentro do ''pomerium'', isto é, os muros da cidade. A urna de ouro foi collida polos visigodos no saco de Roma (410) e perdeuse o seu rastro. Para o lecer e o pracer da plebe fixo executar algúns traballos que deron a Roma o aspecto que a grandes liñas teñen todos no imaxinario común da cidade.
 
Fixo reconstruír e ampliar definitivamente o [[Circo Máximo]]: a estrutura fíxose así segurosegura e contra incendios, favorecendo a construción de talleres e negocios aos seus lados. Sobre o outeiro Oppio fixo erixir grandiosas [[terma]]s sobre os restos da ''Domus Aurea'' de Nerón. Sobre a beira dereita do Tíber, onde xorde o actual Castel Sant'Angelo fixo realizar unha área para as ''naumaquías'', isto é, as reproducións de batallas navais.
 
=== Fóra de Italia ===
Os esforzos edificatoriosedificadores do emperador non se concentraron só na capital senón en todo o Imperio. En Exipto uniu o [[río Nilo]] co [[mar Vermello]] cunha gran canle, o río Traxano. Fundou moitas colonias por todos os lados do Imperio. Construíu pontes, entre as que destacan a [[ponte do Danubio]], a máis longa (11351 135 m), preto de Drobeta. Servía para unha dobre finalidade: por unha banda garantía unha vía de abastecemento ás lexións e, por outra, impresionaba e desanimaba aos inimigos por ser unha demostración de superioridade tecnolóxica, loxística e militar.
 
Tamén fixo varias na Península Ibérica: destacadamente a [[ponte de Alcántara]] sobre o [[río Texo]] e a ponte romana de Salamanca. En Galiza, Traxano construíu a [[ponte do Bibei]], no concello da [[Pobra de Trives]] e, que é unha das melloresmellor conservadas do noso país e a única transitada até o día de hoxe.
 
{{Galería
Liña 100:
 
== Legado ==
A diferenza doutros gobernantes apreciados ao longo da Historia, a reputación de Traxano perdurou sen menoscabo durante case dous mil anos, até a actualidade. Para estar máis próximo ao pobo romano, Traxano fixo escribir sobre a porta da súa residencia "Palatium Publicum", para que todo o mundo puidese entrar nel libremente. Adoitaba recibir, persoalmente e sen cita previa, a quen quixese conseguir del xustiza. Disto deriva outra anécdota soada: ante as protestas do seu secretario, que se queixaba de que o seu señor confiase incautamente en todo o mundo, Traxano contestoulle: "Trato a todos como eu quixese que o Emperador me tratase a min, se fose un cidadán particular".
 
Foi lembrado polos seus contemporáneos como un dos máis grandes emperadores, equiparable só a Augusto. Recibiu o título de ''Optimus Princeps'' ("o mellor dos príncipes") por parte do Senado, tanto polas súas conquistas, como polas súas construcións ao longo de todo o Imperio e o bo trato que tivo cos senadores. Nos séculos posteriores, tanto no Imperio romano como durante boa parte do [[Imperio Bizantino|Bizantino]], cada vez que un emperador ascendía ao trono, o Senado sempre expresaba o seguinte desexo: ''Felicior Augusto Melior Traiano'', é dicir, "que sexa máis afortunado que Augusto e mellor que Traxano", simbolizando ambos os príncipes os cumes da etapa imperial.
 
A cristianización de Roma deu como resultado un maior embelecemento da súa lenda: dicíase na época medieval que o papa [[Gregorio I]], a través da intercesión divina, resucitouresucitara a Traxano de entre os mortos e bautizounobautizárao na fe cristiá. Un relato disto aparece na Lenda Áurea. Entre os teólogos cristiáns medievais, como [[Tomás de Aquino]], foi considerado como exemplo de pagán virtuoso. Tamén [[Dante]] o veviuno, na súa ''[[Divina Comedia]]'', como un dos seis maiores espíritos pola súa xustiza e valor.
 
ContemporaneamenteModernamente, o historiador do século XVIII [[Edward Gibbon]] incluíu a Traxano entre os cinco emperadores que gobernaron o gran territorio do Imperio romano "por un poder absoluto, guiado pola virtude e a sabedoría", considerando que se se pedise a calquera que determinase o período da Historia do mundo en que a condición humana foi máis próspera e feliz, mencionaría sen dubidar a que se estende entre a morte de Domiciano até o ascenso de [[Cómodo]].
 
Romanía, país cuxos alicerces se atopan no reino dacio, conquistado por Traxano, inclúe no seu himno nacional, ''Esperta, romanés!'', unha estrofa que fai alusión a el e di: ''E que nos nosos corazóns gardamos con orgullo un nome / Triunfantetriunfante nas batallas, o nome de Traxano!'' (trad. do romanés).
 
== Notas ==