Revolución Americana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Conflitos: *surxir
Liña 6:
A [[Guerra dos Sete Anos]], terminada coa vitoria da Inglaterra sobre a [[Francia]] ([[Tratado de París (1763)|Tratado de París]], [[1763]]), deixou a nación vencedora na posesión de ricos territorios no [[América|continente americano]], xa colonizados, sendo recoñecido o seu dereito de expandir o seu dominio en dirección ao interior do continente. Esta posibilidade agradou aos colonos, que rapidamente se prepararon para explorar e aproveitar novas terras, mais, para a súa sorpresa, o goberno de [[Londres]], por recear desencadear guerras coas nacións [[Nativos americanos nos Estados Unidos|indias]], determinou que ningunha nova exploración ou colonización de territorios podería facerse sen a sinatura de tratados cos indios. Foi esta a primeira fonte de conflito entre os colonos e a Coroa inglesa.
 
Mais, pouco despois, surxironxurdiron novos conflitos. A Guerra dos Sete Anos, a pesar de vencer Inglaterra, obrigou a Coroa a impor medidas restritivas ás Trece Colonias. Procurando restaurar o equilibrio financeiro, a [[metrópole]] apertaba as mallas do [[pacto colonial]] con varios actos. En [[1750]] prohibiuse a fundición de [[ferro]] nas colonias. En 1754 prohibíronse a fabricación de [[tea|tecido]] e o [[contrabando]]. En 1765 aprobouse un decreto regulamentando a obrigación de abrigar e sustentar tropas inglesas en solo americano (práctica que pesaba moito sobre as finanzas coloniais). Foron aínda criadas a Lei do Selo que acrecentou un [[imposto]] de [[selo]] sobre [[xornal|xornais]], documentos legais e oficiais etc., e os [[Actos de Townshend]], que procuraban limitar e mesmo impedir que os americanos continuasen as súas relacións comerciais con outras rexións que non fosen Inglaterra. Pero os colonos se negaron a pagar os impostos alegando que carecían de representantes no Parlamento inglés, e durante anos houbo un conflito permanente entre os colonos e as autoridade inglesas, a campaña de protesta americana foi dirixida por un grupo de escritores e intelectuais discípulos dos filósofos [[Ilustración|ilustrados]] franceses.
 
En [[1773]], o [[Parlamento]] inglés concedeu o [[monopolio]] do comercio do [[té]] á [[Compañía Británica das Indias Orientais]], da cal moitas personalidades inglesas posuían accións. Os comerciantes rebeldes norteamericanos que se sentiran prexudicados disfrazáronse de [[Nativos americanos nos Estados Unidos|indios peles vermellas]], asaltaron os navíos da compañía que estaban no porto de [[Boston]] e lanzaron o cargamento de té no mar ([[Festa do Té de Boston]]). A Inglaterra reaccionou de inmediato declarándoos rebeldes e cun conxunto de [[lei]]s que os americanos chamaron as "'''[[Leis Intolerábeis]]'''" ([[1774]]): fechamento do [[Porto (comunicacións)|porto]] de Boston; [[indemnización]] á compañía prexudicada e o xulgamento dos asaltantes na Inglaterra.