Podgorica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Cambio o modelo: MNTb; cambios estética
Liña 15:
}}
|país = Montenegro
|bandeirapaís= {{MNTbMNEb}}
|división 1 = [[Rexión]]
|nome división 1 = Capital
Liña 37:
Atópase situada a 44 msnm. A cidade érguese na confluencia dos ríos [[Río Ríbnica|Ribnica]] e [[Río Morača|Morača]], que se unen entre a fértil chaira de Zeta e o [[val de Bjelopavlići]]. A súa situación converteuna en meta de asentamentos turísticos, pois está a uns 60 km das estacións de esquí invernais e a unha distancia semellante das localidades marítimas da costa do [[mar Adriático]] (88 km até [[Kotor]]). A distancia ao [[lago Scutari]], o maior lago dos [[Balcáns]], é aínda menor.
 
== Toponimia ==
No [[Idade Media|Medioevo]] respondía ao nome de Ribnica. No [[século XIV]] tomou o de Podgorica. Entre [[1945]] e [[1992]] foi renomeada como '''Titograd''', é dicir "cidade de Tito", en honra do ditador comunista [[Josip Broz Tito|Tito]]. Podgorica significa "baixo o Gorica", por estar ao pé do outeiro Gorica. En [[1992]] por medio dun [[referendo]] restabeleceuse o nome anterior.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Podgorica City hall.JPG|miniatura|esquerda|225px|Pazo do Concello.]]
Entre [[1466]] e [[1878]] formou parte do [[Imperio Otomán]], e máis tarde do novo [[reino de Montenegro]]. Acabada a [[Primeira Guerra Mundial]], en [[1918]] reuniuse aquí a [[Grande Asemblea Nacional Serbia]] que votou a favor da unión das repúblicas de Serbia e Montenegro, creada o 29 de novembro dese mesmo ano. O 1 de decembro esta federación uniuse ao [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]], acabado de crear.
Liña 46:
En 1941, durante a [[Segunda Guerra Mundial]], Podgorica foi ocupada polas tropas italianas do réxime fascista, que foron logo substituídas polo exército nazi alemán. Os bombardeos efectuados polas tropas aliadas en [[1944]], produciron graves estragos en toda a cidade, matando gran parte da poboación e destruíndo a maior porción do seu patrimonio arquitectónico e cultural, do que pouca cousa ficou. A cidade pasou a ser reconstruída desde 1945 e foi nomeada capital da nova república federal de Montenegro, posto que tradicionalmente ostentara a próxima cidade de [[Cetinje]], e tamén mudou seu nome.
 
== Patrimonio ==
* Igrexa de san Xurxo ([[século X]])
* Torre do Reloxo