Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Agustin-Sixto-Seco.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: Per c:Commons:Deletion requests/File:Agustin-Sixto-Seco.jpg
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 36:
== Creación ==
[[File:Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro.jpg|miniatura|dereita|200px|Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro]]
No ano [[1946]], saíu á venda a Casa da Matanza por 100 000 pesetas. Nese momento, Xosé Mosquera Pérez, xornalista da [[Radio Galega]] na década de 1930 e redactor de ''La Noche'', coñeceu a noticia por medio de [[Jesús Rey-Alvite Feás|Xesús Rey-Alvite]] e, xunto con [[Manuel Beiras]] e [[Camilo Agrasar]] foron a Padrón para negociar coa dona da casa<ref>[[#Gar99|García Domínguez 1999]]: pp. 115-116</ref>. SenNon embargoobstante, descubriron que non tiñan medios suficientes para comprala. Así pois, Mosquera decidiu pedirlle axuda económica ao seu amigo José Villar Granjel<ref>{{Cita web | url=http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/casa-rosalia/idEdicion-2012-06-10/idNoticia-750393 | título=La Casa de Rosalía |dataacceso=26 de abril de 2015|editor=[[El Correo Gallego]]|lingua=castelán}}</ref> e contoulle a intención que tiña de adquirir a casa para a converter nun símbolo de galeguidade e para fundar un Padroado composto por galegos ilustres que conservasen a casa e a memoria de Rosalía.
 
Así foi como o 15 de novembro de 1947 Xosé Mosquera convocou en Santiago un grupo de antigos galeguistas ([[Ramón Otero Pedrayo]], [[Manuel Gómez Román]], [[Luís Iglesias Iglesias]], [[Fermín Bouza-Brey]], [[Paulino Pedret Casado]], [[Felipe Cordero Carrete]], [[Aquilino Iglesia Alvariño]], [[Manuel Beiras García]], [[Xaime Illa Couto]], [[Antonio Fraguas Fraguas]] e [[Xesús Ferro Couselo]]) e constituíron o Patronato Rosalía de Castro co propósito de facerse cargo do inmoble e de transformar a casa nun verdadeiro museo rosaliano, con biblioteca especializada, aberto ao público.