Instrumento musical: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
*boquiña: boquilla, bocal ou embocadura
Liña 26:
* d) '''Aerófonos.''' O son obtense por medio da vibración producida polo paso do aire.
** de metal, os beizos vibran nunha embocadura semiesférica. Os instrumentos de metal modernos posúen [[válvula]]s, [[pistón]]s ou [[vara]]s que facilitan a obtención de diferentes notas musicais, e rematan nunha campá. A [[trompa]] é un instrumento transpositor afinado en fa, emprega válvulas, e permite a modificación do son introducindo a man dereita na campá. A [[tuba]] tamén ten válvulas, e é o instrumento de metal máis grave, ten unha versión en do e outra transpositora en fa. A [[trompeta]] pode sérvese de pistóns, se ben en Alemaña adoita empregar válvulas, a máis empregada está afinada en si bemol. O [[trombón]] é coma unha trompeta de rexistro grave, emprega unha vara que se despraza (aínda que tamén os hai de pistóns), os mais empregados son o trombón contralto, o tenor e o baixo.
** de madeira: o aire vibra ao paso por un bisel ou por unha lingüeta. Compóñense dunha embocadura, un tubo con buratos que permite a alteración da frecuencia da [[onda sonora]], e unha pequena campá (agás a frauta). Nos instrumentos modernos estes buratos non se premen directamente cos dedos (caso de instrumentos populares e de época) senón por medio de [[chaves]]. A [[frauta]] produce o son grazas a un bisel. Dentro dos instrumentos de lingüeta dobre ou palleta temos (de agudo a grave) o [[óboe]], o óboe de amor (en la) o [[corno inglés]] (en fa), o [[fagot]] e o [[contrafagot]]. A [[gaita]] sería tamén un instrumento de madeira de dobre lingüeta, coa particularidade de que consta dun fol que almacena o aire e de roncón e ronquetas para facer bordóns. Nos instrumentos de lingüeta simple temos o [[clarinete]], que está xeralmente afinado en si bemol, e o [[saxofón]], que consta da boquiñaboquilla dun clarinete máis un tubo de latón, ten sete modelos distintos (soprano, sopranino, alto, tenor, barítono e baixo).
** de vento mecánico. O [[órgano]] é o principal instrumento deste grupo. As teclas abren unha serie de tubos que fan vibrar os seus biseis ou lingüetas. O co paso do aire, que se move grazas a un sistema mecánico. O [[acordeón]] é coma un órgano en pequenos, componse de tres partes: o teclado, o fol para o aire e a zona de botóns (para o acompañamento). O son obtense grazas a lingüetas.