Forraxe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
lig int
Liña 2:
'''Forraxe''' é unha denominación colectiva que abrangue calquera [[herba]], verde ou seca, que se sega para dar de comer ó [[gando]]. Existen plantas herbáceas especificamente cultivadas a tal fin, como a [[alfalfa]], o [[trevo]] ou o [[raigrás]], e outras que se poden sementar para colleitar en verde, para forraxe, ou en seco, para aproveita-lo gran, como é o caso do [[millo]] ou do [[centeo]]. Tamén se pode destinar a forraxe a herba das prados naturais en épocas nas que non se utilicen para [[pasto]] directo.
 
É posible utilizar para alimentación animal outros produtos vexetais, normalmente subprodutos da [[agricultura]] ou da [[alimentación]] humana (como froitas ou [[pataca]]s pequenas ou meradas, [[fariña]] ou farelo, tonas de pataca, os pendóns do millo, as follas dos [[nabo]]s, ramallos de certas árbores etc.) así como, por suposto, o [[Penso (alimento)|penso]] composto, pero estes produtos non se deben considerar forraxe.
 
Ademais da forma normativa ''forraxe''<ref>En galego, de xénero feminino, aínda que tamén se utilice, por influencia do castelán, en masculino.</ref>, e as variantes ''ferraxa'' e ''ferraxe'', tamén se denomina ''ferraña'' ou ''ferroia''. Conceptos derivados son os de ''forraxear'', seiturar herba para darlla ó gando, e o adxectivo ''forraxeiro'', planta ou parte da planta utilizada con este fin.