Maruxa Boga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m en Arxentina -> na Arxentina; cambios estética
Liña 1:
'''Maruxa Boga''', nada enna [[Arxentina]] en [[1915]] e finada o [[26 de xullo]] de [[2010]], foi unha actriz e [[xornalismo|xornalista]] [[Galicia|galega]].
 
== Traxectoria ==
Filla de galegos, comeza a súa traxectoria como locutora de [[radio (medio de comunicación)|radio]] no programa ''Galicia'', que dirixía a actriz [[Maruxa Villanueva]]. O [[5 de agosto]] de [[1945]] comeza a presentar, a canda o actor [[Fernando Luís Iglesias Sánchez|Fernando Iglesias]], "[[Tacholas]]" e o seu home, o xornalista [[Alfredo Arostegui]], o programa de radio ''Recordando a Galicia'' na emisora arxentina [[Radio Rivadavia]].
 
Funda con Tacholas a compañía de [[teatro]] Boga-Tacholas, coa que se dedica á representacións de [[comedias]] moitas delas de temática galega. Logo de que Tacholas deixa en [[1953]] a presentación do programa, continuará con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega en Arxentina, e por el pasaron [[Castelao]], [[Eduardo Blanco Amor]], [[Antón Alonso Ríos]], [[Ramón Suárez Picallo]] ou Maruxa Villanueva.
 
== Premios e distincións ==
Recibiu o ''[[Grelo de ouro]]'' en [[1998]] canda a [[Maruxa Villanueva]] e [[Tacholas]], polo impulso do teatro galego en Arxentina.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.vieiros.com/nova/64364/ldquo-deus-queira-que-galiza-estea-no-lugar-que-castelao-e-eu-sonamos-rdquo Reportaxe en Vieiros]
* [http://www.anosaterra.org/nova/morre-a-actriz-maruxa-boga-.html Morre a actriz Maruxa Boga]
 
{{ORDENAR:Boga, Maruxa}}
 
[[Categoría:Actores de Galicia]]
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]