Ari Vatanen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m de Arxentina]] -> da Arxentina]]; cambios estética
Liña 22:
'''Ari Pieti Uolevi Vatanen''', nado en [[Espoo]] o [[27 de abril]] de [[1952]], é un ex piloto de [[Rally]]s e político [[Finlandia|finlandés]]. Os seus equipos foron [[Opel]], [[Ford Motor Company|Ford]], [[Peugeot]], [[Subaru]], [[BMW]] e [[Mitsubishi]]. O seu primeiro Rally foi o de Finlandia en [[1974]] e o derradeiro foi no [[2003]] en [[Finlandia]]. O vehículo que usou no Dakar foi o Peugeot, [[Citroën]], [[Nissan]] e o [[Volkswagen]].
 
== Traxectoria ==
Aínda que naceu en [[Espoo]], na rexión metropolitana de [[Helsinki]], pero medrou na zona rural de [[Tuupovaara]] no leste de [[Finlandia]].
 
Liña 35:
Vatanen está considerado como un dos mellores pilotos na historia do Mundial de Rallyes, e máis concretamente no [[Grupo B]]. O seu debut profesional foi un rally na súa [[Finlandia]] natal. Non obstante, non sería ata o [[1976]] cando firmou o seu primeiro contrato profesional con Ford, ano no que acadaría dúas vitorias no Campionato Inglés. Nos anos seguintes, [[1977]] e [[1978]], acadaría outras catro vitorias nos Rallys do Campionato Inglés.
 
No [[1980]] acadou o primeiro triunfo importante da súa carreira ós mandos dun [[Ford Escort RS1800 Mk2]],e con [[David Richards]] de copiloto, Vatanen impúxose no [[Rallye Acrópolis]]. O mérito era enorme, xa que Ford dedicarase durante o [[1980]] ó desenvolvemento de modelos novos, có que Ari Vatanen encabezou o famoso equipo "Rothmans", totalmente privado.
 
Ari Vatanen seguiu correndo ese ano, logrando outros resultados importantes, como un segundo posto no [[Rallye de 1000 Lagos]] e outro no [[Rallye de San Remo]].
Liña 41:
O ano [[1981]], foi un dos años máis importantes na vida deportiva do finés, xa que neste ano se fíxose có Campionato do Mundo de Rallyes, despois de colleitar tres vitorias nos Rallyes de [[Rallye de Acrópole|Acrópole]], [[Rallye de Brasil|Brasil]] e novamente no [[Rallye 1000 Lagos|1000 Lagos]]. Converteuse no primeiro e único piloto ata a data en gañar un Mundial de Rallys cun equipo privado.
 
No [[1982]] seguiu correndo co [[Ford Escort RS1800 Mk2]],pero tan só concorreu a un par de probas antes de marchar a [[Opel]]. Sendo neste mesmo ano cando trocou de copiloto, asociándose có veterano [[Terry Arriman]]. Non sendo un bo ano en xeral para Vatanen, tentando acostumarse á súa nova montura, o [[Opel Ascona 400]],un vehículo espectacular, con tracción traseira e 270 CV, que levara a [[Walter Rohrl]] a proclamarse campión do mundo no [[1982]].
 
No [[1983]] Ari Vatanen conseguiría impoñerse no [[Rallye Safari]] coa súa nova montura, sendo esta a única vitoria que acadou có Opel Ascona 400 (Durante este Rallye, Vatanen tería o seu primeiro contacto con [[Jean Todt]]). Ese mesmo ano correría tamén co [[Opel Manta 400]], que viña a ser a continuación do Ascona, inda que este coche non acadou bos resultados nas probas do Campionato do Mundo, aínda que si noutros Rallyes británicos e franceses.
Liña 49:
Despois dun novo abandono no [[Rallye Acrópolis]], chegaría a espectacular racha de triunfos de Vatanen, ata cinco vitorias consecutivas, entre o [[1984]] e o [[1985]], sendo: [[1984]] [[Rallye 1000 Lagos]], [[1984]] [[Rallye de San Remo]],[[1984]] [[Rallye RAC]], [[1985]] [[Rallye de Montecarlo]] e no [[1985]] [[Rallye de Suecia]].
 
Destaca de entre todas elas, unha, a acadada no [[1985]] no [[Rallye de Montecarlo]], que encumbrou a Vatanen á categoría de mito, xa que tras unha penalización de 8 minutos por chegar antes de tempo a un control, Vatanen saíu con todo... "Imos a gañar a pesar de todo", dixo a [[Jean Todt]]. Tramo a tramo, foi gañando tempo a [[Rohrl]], ata o derradeiro tramo, o porto de [[Saint-Raphael]], con rodas de cravos, un coche achegábase á liña de meta. Era Ari Vatanen, dous minutos despois, seguía sen chegar Rohrl. Polo que Vatanen volvía a tomar a cabeza cun minuto e medio de antelación e gañaba o Rallye. Jean Todt, despois de aquilo, díxolle: "Eu pensaba en Ari. Ningún piloto fixera tal fazaña. Si,de verdade era dos mellores. Dende aquel día eu estaba en débeda con el para toda a vida". Nese mesmo ano producirase o accidente máis grave da súa carreira, acontecido no [[Rallye deda Arxentina]]. Na 2ª proba especial, e despois de facer un ''[[scratch]]'' na 1ª especial, Ari Vatanen non chegaba á meta, polo que saíu un [[helicóptero]] na procura do coche, soando pouco despois na radio do box de [[Peugeot]] que localizaran o coche e que tratábase dun accidente moi grave. Ari Vatanen estivo ano e medio sen correr, recuperándose de tan tremendo accidente, pero non esqueceu como se conducía e no [[1987]], ós mandos do [[Peugeot 205]], acada a vitoria no Dakar, con [[Bernard Giroux]] de copiloto.
 
Ese mesmo ano, logrou acabar 2º no [[Rallye 1000 Lagos]] cun [[Ford Sierra Cosworth]].
Liña 65:
No [[1993]], co novo e espectacular [[Subaru Impreza 555]], acada outro 2º posto no [[Rally 1000 Lagos]], no que era o debut do modelo xaponés en Rallye.
 
Xa chegado o ano [[1994]], Ari Vatanen volta novamente ó equipo Ford para correr co [[Ford Escort RS Cosworth|Escort RS Cosworth]], acadando como mellores resultados dous terceiros postos, un no [[Rallye deda Arxentina]] do ano [[1994|94]], e outro no [[Rally Safari]] do [[1998|98]], se ben aquí xa corría co [[Ford Escort WRC]].
 
No ano [[1998]] deu por rematada a súa carreira no Mundial de Rallyes. Dende o [[2003]], participa novamente en competicións de Rally, especialmente no Rally Dakar, e gañou unha das tiradas no [[2005]]. No Rally Dakar do [[2003]] volveu a competir acadando 3 vitorias de etapa co seu Nissan nº 204, demostrando que non esquecera facer o que mellor sabía pilotar un coche. Gañando unha das tiradas no Rally Dakar do ano [[2005]].
Liña 71:
Disputou un total de 84 probas do [[Campionato do Mundo de Rally|Mundial de Rallys]], gañando 10 delas e sendo 2º en 12 das mesmas.
 
== Vitorias no Dakar ==
{| class="wikitable"
!rowspan=2|Ano
Liña 101:
|}
 
== WRC Vitorias ==
{|class="wikitable"
! Numero
Liña 170:
|}
 
== Outras Vitorias ==
{|class="wikitable"
!Número
Liña 253:
|}
 
== Curiosidades ==
Sempre brindaba as vitorias con [[leite]] no canto de con [[Cava (viticultura)|cava]].
 
{{ORDENAR:Vatanen, Ari}}
 
[[Categoría:Campións do Mundial de Rallys]]
[[Categoría:Pilotos de rally de Finlandia]]