Isaac Xubín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 24:
Como creador ten publicado obras de poesía e narrativa curta. En [[2011]] obtivo o [[premio Eusebio Lorenzo Baleirón]] polo seu poemario ''Con gume de folla húmida''<ref>[http://archive.is/20120708014707/certo.posterous.com/dodro-isaac-xubin-gana-o-premio-eusebio-loren Dodro: Isaac Xubín gaña o premio "Eusebio Lorenzo Baleirón" de poesía]</ref>. Escribe a sección galega no proxecto plurilingüe [[Temps Obert 11.1]]<ref>http://tempsobert.pfdorado.com/wp/tempo-aberto/</ref>. É membro das [[Redes Escarlata]].
 
Como deportista afeccionado, xogou ao [[rugby]] no [[Mareantes Rugby Clube Pontevedra|Mareantes]] de [[Pontevedra]] e no [[Bandon RFC]]. Na tempada 2013-14 facíao no Sundays Well RFC; polo demais, mantén un blog dedicado a este deporte intitulado "Melé a cinco"<ref>[http://placaxe.prazapublica.com/ Blog "Melé a cinco"], de Isaac Xubín</ref> e edita a revista pontevedresa ''O salmón oval''. Tamén xoga ao [[fútbol gaélico]], primeiro no [[Nemo Rangers]] de [[Cork]], e máis tarde no [[Douglas GAA]], amais da [[Selección galega de fútbol gaélico|Selección Galega]], coa que participou no encontro internacional [[Encontro internacional de Narón 2012|Galiza-Bretaña]], celebrado en [[Narón]] o 21 de xullo de 2012.
 
É curmán do futbolista [[Javier Fernández Abruñedo]].