Navia, Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Rueiro de Vigo; cambios estética
Liña 15:
As súas entidades de poboación son as seguintes: A Devesa (316), A Gándara (181), Goberna (45), As Pereiras (510), As Pertegueiras (59), Quintela (90), O Redondo (362), Samil (191), A Tomada (125), A Torre (119), O Xuncal (192), As Teixugueiras (600). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.
 
== Historia ==
Formou parte do Concello de Fragoso ata [[1837]], cando se integrou en [[Bouzas, Vigo|Bouzas]]. Dende a década dos anos 70 experimentou un profundo desenvolvemento urbanístico concentrándose a poboación ao redor da Alameda de Emilio Crespo Cano, a urbanización [[Praia de Samil|Samil]], e co desenvolvemento do PAU de Navia, na nova urbanización.
 
== Patrimonio ==
Entre os monumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur da Galiza. Na parroquia atópase a [[praia de Samil]], un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nocturnos (tamén chamados "búhos").
 
== Asociacións ==
A principal entidade social da parroquia é a [[Asociación Veciñal de Navia]], con sede na rúa Bravo nº6 e conta cunhas completas instalacións con auditorio e sala de conferencias onde se celebran eventos culturais, conferencias, cursos e proxeccións durante todo o ano. Tamén existe a [[Asociación Veciñal "Novo Vigo"]] que foi creada en [[2011]] para tódolos veciños do [[Pau de Navia]]. Destaca a existencia dunha emisora de radio veciñal, [[Onda Navia]], que emite na frecuencia 106.10 FM.
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Navia ===
{{Lp Navia}}
=== Parroquias de Vigo ===
{{Vigo}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Vigo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.avnavia.org/ Asociación Veciñal de Navia]
* [http://www.paudenavia.net/ PaudeNavia.net]
 
 
{{RueiroOnomástica do rueiro de Vigo}}
 
[[Categoría:Parroquias de Vigo]]
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Paio]]