Xogos florais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Smallcaps; cambios estética
Liña 2:
Os '''''Xogos Florais''''' son encontros literarios nos que diversos autores presentan obras ou composicións, onde ademais dunha finalidade literaria, tiveron o obxectivo de espertar o sentimento galego, defender os seus ideais e atender as necesidades sociais, polo que representan o inicio oficial do [[Rexurdimento]] das [[Literatura galega|Letras Galegas]].
 
== Orixe e antecedentes ==
 
=== Roma (173 AC – Caída do imperio romano) ===
Recibiron o nome de [[Ludi Floreales]], naceron como parte do seu calendario de ludi, ou celebracións que se ían facendo ao longo do ano. Actividades periódicas que co paso do tempo acumuláronse ata 66 días ao ano. Non obstante, estes xogos nos cales os poetas romanos competían entre si, instituídos no 173 antes de Cristo, pasaron ao esquecemento tras a caída do [[Imperio Romano|Imperio]].
 
=== Francia - Tolosa ===
Poucos datos existen para poder estabelecer cando se celebraron por primeira vez, mais existe información anterior ao ano 1323. Neste ano é cando sete personalidades reunidas en [[tolosa, Francia|Tolosa]] convocan a súa celebración o 1 de maio de 1324. O seu obxectivo era recuperar o estilo trobadoresco dos séculos XII e XIII xa que consideraban a forma e a lingua dese período a chave para unificar a antiga lingua provenzal da poesía trobadoresca, dividida naquel momento en diversos dialectos.
Os galardóns representaban flores:
Liña 19:
O dato curioso é que estes Xogos, primeiramente costeados con diñeiro publico, acadaron un maior esplendor cando unha dama francesa cedeu o seu patrimonio coa finalidade de que se celebrasen cada ano.
 
=== Barcelona ===
Fundados no ano 1393 e costeados polo Rei, foron celebrados tomando a base dos franceses, mais perderanse por mor dos acontecementos da época como a guerra e a [[Peste Negra|Peste]].
 
Liña 26:
A imitación destes convocáronse tamén en Valencia e Granada. Os Xogos Florais foron populares a comezos do [[século XVII]], en tempos de [[Miguel de Cervantes]] e [[Lope de Vega]].
 
=== Precursores en Galiza ===
Moito antes da celebración oficial duns Xogos Florais, existían xa en Galiza certames organizados por mosteiros, universidades e municipios (séculos XVII e XVIII) co gallo da canonización duns santos, matrimonio dun rei, a memoria dun fundador... En Galiza os máis soados foron os do [[Colexio de Teólogos de Fonseca]] para a honra da figura do arcebispo que o creou. Estes consérvanse grazas á labor de [[Neira de Mosquera]] que os deu a coñecer nas súas ''Monografías Compostelanas'' publicadas no 1850.
 
As herdeiras destes certames foron as [[Festas Minervais]] que nas décadas dos anos 50 e 60, convertéronse nunha grande actividade literaria, promotora da lingua e literatura galega e que axudaron á resistencia cultural fronte o [[franquismo]].
 
== Xogos Florais en Galiza ==
 
=== A Coruña ===
{{Artigo principal|Xogos Florais da Coruña}}
Foron impulsados polo mesmo espírito romántico que impulsou os cataláns. Celebráronse o 2 de Xulio de 1861, a instancias dos escritores [[Benito Vicetto]] e os irmáns Antonio e Francisco María de la Iglesia, baixo o patrocinio de Juana de Vega e costeados por [[José Pascual López Cortón]], quen amosando a súa grande xenerosidade publicou todos os traballos premiados xunto cunha antoloxía de poetas coetáneos nun volume chamado ''[[Álbum de la Caridad]]''<ref>[http://academia.gal/destaque-libro/-/asset_publisher/Dm2F/content/album-de-la-caridad-1862 "Álbum de la caridad (1862)"] RAG.</ref> e doou os beneficios obtidos da súa venta á Asociación da Beneficencia da Coruña.
 
Premios
Liña 51:
* [[Xosé Villaamil y Castro]]: premiado co xacinto de ouro como autor do ''Discurso sobre a situación do monte Medulio e as súas incidencias históricas''.
 
=== Pontevedra ===
Pouco tempo despois dos celebrados na Coruña, celebráronse os primeiros Xogos Florais de [[Pontevedra]] o 11 de agosto de 1861. O tribunal foi formado por sete xuíces mantedores, sendo cada un, dunha das sete cidades máis importantes de Galiza (Santiago, Coruña, Vigo, Ourense, Ferrol, Lugo e Tui).
 
Liña 57:
Copiando a idea coruñesa, Pontevedra elaborou o chamado ''Álbum de las composiciones premiadas en los Juegos Florales de Pontevedra en la noche del 11 de Agosto de 1861''.<ref>[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/es/consulta/registro.cmd?id=4798 ''Album de las composiciones premiadas en los juegos florales de Pontevedra la noche del 11 de agosto de 1861''] en [[Biblioteca de Galicia|Galiciana. Biblioteca de Galicia]].</ref> Outras edicións destacábeis dos Xogos en Pontevedra foron as dos anos 1880, 1882, 1884 e 1886.
 
=== Santiago ===
A cidade do apóstolo, tras a súa tradición cos certames das Festas Minervais, celebrou no ano 1875 unha nova edición de Xogos Florais no que interviron figuras moi destacadas como [[Manuel Murguía]], [[Valentín Lamas Carvajal]] e [[Salvador Golpe Varela]]. Neste certame participou e foi premiado [[Ramón María del Valle-Inclán e Bermúdez]], pai de Ramón Valle Peña, máis coñecido no mundo literario como [[Ramón María del Valle-Inclán]].
 
=== Ourense ===
Realizados por primeira vez o día 8 de outubro de 1876 na cidade das Burgas, serviron para celebrar o segundo centenario do nacemento de [[Benito Jerónimo Feijóo y Montenegro]].
O certame constou de catro premios: O primeiro, que constaba de catro mil reais, era para o que escribise o mellor «Estudio crítico das obras do P. M. Fray Benito Feijóo». O segundo, dotado con mil reais, para o autor da mellor e máis completa biografía do mesmo. O terceiro, consistente nunha Rosa de Ouro, sería para a mellor oda en castelán, que festexou ao pai Feijóo como filósofo. O último premio consistía nun Pensamento de Ouro e Prata, e estaba reservado para o autor da mellor poesía (en galego) dedicada a Galiza.
Liña 68:
O día do certame unicamente foron entregados os premios poéticos, concedendo o Pensamento de Ouro e Prata á poesía ''A Galicia'', de Valentín Lamas Carvajal. A Rosa de Ouro foi outorgada a [[Emilia Pardo Bazán]], pola súa ''Oda a Feijóo''.
 
=== Vigo ===
Datan do 24 de xuño de 1883. O discurso de apertura foi pronunciado por Manuel Fernández de Herba e finalizado este, nomeouse aos poetas laureados. Recibiu a Flor Natural [[José María Ortega Morejón]], polo seu poema ''Numancia''. O resto dos premios distribuíronse da seguinte forma:
 
Liña 75:
Por outra banda, o xurado decidiu premiar ao poeta vigués, [[Nicolás Taboada Fernández]], pola súa composición ''A Vigo'' cunha copa de prata cicelada . Outros poetas premiados foron [[Manuel Diego Santos]], por ''Al trabajo''; [[Juan Pastor Aycart]] ou [[Manuel Comellas]], pola súa obra poética ''A Galicia''. O ano anterior, este mesmo poeta, fora laureado na Coruña co poema ''Cidade de cristal''.
 
=== Betanzos ===
A primeira edición tivo lugar en agosto de 1886, mais debido á escasa difusión a data inicial foi posposta. Por outra banda, das oito categorías que había nun principio, máis da metade quedaron baleiras. Fronte a esta falta de tempo e o apuro do realización do certame, houbo diversas críticas, especialmente dos políticos locais.
 
Liña 88:
Ademais desta, tamén son importantes as edicións de 1887 e 1901, entre outras.
 
=== Tui ===
Celebrados en xuño de 1891, este certame provocou un grande impulso na concienciación da identidade galega, tanto no ámbito social coma no político. Nesta data o [[Rexurdimento]] xa era unha realidade é os Xogos contribuíron a un maior recoñecemento público da lingua e literatura galegas, sendo considerados ''o primeiro acto público desenvolvido integramente en galego''.<ref>Seca, Xoan: "Os Xogos Florais (artigo completo)" 16/2/14 [http://galegodaestacion.blogspot.com.es/2014/02/os-xogos-florais-artigo-completo.html ] "Os Xogos Florais celebrados no Teatro Principal de Tui o 24 de xuño de 1891, constituíron o primeiro acto público desenvolvido integramente en galego".</ref>
 
No acto participaron, entre outros, os grandes representantes do [[Rexionalismo galego|Rexionalismo]]<ref>[http://academia.gal/destaque-peza/-/asset_publisher/uR6s/content/medalla-conmemorativa-dos-primeiros-xogos-florais-do-rexionalismo-en-tui "Medalla conmemorativa dos primeiros Xogos Florais do rexionalismo en Tui"] RAG.</ref> naquela época como [[Manuel Murguía]], destacado polo seu discurso enaltecedor da nacionalidade galega, [[Alfredo Brañas]], [[Salvador Cabeza de León]], [[José Tarrío]], [[Juan Barcia Caballero]] ou [[Manuel Carlos Vidal Rodríguez]].
Liña 99:
* [[Filomena Dato Muruais]] gañou o "clavillo" pola sua composición ''O gaiteiro de Xixón''.
 
=== Lugo ===
Aínda que non se sabe con claridade a data en que se iniciaron, suponse que foi na década dos 70 do século XIX. Os Xogos Florais de Lugo son aínda un misterio historiográfico, practicamente nada é o que se sabe de eles. Hai noticia da celebración de [[Floralias]] en Lugo no 1894 e 1896, promovidos por [[Manuel Becerra]] e pénsase que a idade de ouro destes certames foi entre 1870 e 1918 aproximadamente. Cómpre destacar tamén que os xogos adoitaban celebrarse no marco das [[Festas de San Froilán de Lugo|festas do San Froilán]].
 
Liña 105:
Nos Xogos de 1891 os poetas A.J. Pereira e L.González gañaron o premio e o accésit.
 
== Bos Aires ==
En 1968 a colectividade galega de [[Bos Aires]] organiza,aproveitando a celebración do [[Día Nacional de Galiza]], os Xogos Florais do Idioma Galego.
 
Liña 116:
Os Xogos foron un chamamento a todos os galegos do mundo para defender a propia terra, seguir promovendo esta tradición e continuar coa labor iniciada no Rexurdimento.
 
== Xogos galego-portugueses ==
As conexións galego-portuguesas vense reflectidas neste entorno, coa celebración en distintas localidades lusas dos Xogos Florais galego-portugueses. Algunha das edicións con máis repercusión foi a de [[Guimarães]] en 1958, na que foi premiado o galego [[Xosé María Álvarez Blázquez]].
 
Liña 123:
Actualmente seguen a celebrarse estes certames en distintos lugares de Galiza, en case tódalas localidades mencionadas anteriormente e mantendo sempre o mesmo espírito que motivou o seu nacemento, a defensa e protección da lingua e literatura galegas.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* {{SmallcapsVersaleta|[[José López Cortón|López Cortón, José]]}} (ed.): ''Album de la caridad: Juegos Florales de La Coruña en 1861: seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contemporáneos'', Giner, 1989
* {{SmallcapsVersaleta|[[Javier Serrano Alonso|Serrano Alonso, Javier]]}}: ''Lucus Fulget : as festas literarias nos sanfroiláns finiseculares (1899-1901)'', Concello de Lugo, 2010.
* {{SmallcapsVersaleta|[[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo, Rámon]]}}: ''Xogos froraes do idioma galego en Buenos Aires: agosto de 1968''. Buenos Aires, [[Revista Nós]], 1969.
* {{SmallcapsVersaleta|[[José Domingo Vales Vía|Vales Vía, José Domingo]]}}: ''Anuario brigantino'', nº 32, ''Juegos florales de Galicia (I)'', 2009, páxs. 433-463.
* {{SmallcapsVersaleta|Vales Vía, José Domingo}}: ''Anuario brigantino'', nº 33, ''Juegos florales de Galicia (II)'', 2010, paxs. 393-414.
* {{SmallcapsVersaleta|[[Petar Petrov]], [[Pedro Quintino de Sousa]], [[Roberto López-Iglésias Samartim]] e [[Elias J. Torres Feijó]]}} (eds.): ''Avanços em Literaturas e Culturas Africanas e em Literatura e Cultura Galegas'', Santiago de Compostela-Faro, Associação Internacional de Lusitanistas (AIL) , Através Editora, 2012.
* [[Biblioteca de Galicia]]. Dispoñíbel en liña en: http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://galegodaestacion.blogspot.com.es/2014/02/os-xogos-florais-artigo-completo.html Galego da estación - Os Xogos Florais]. Blog.
 
[[Categoría:Premios e certames literarios de Galicia]]