Hipertermófilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Arkea.jpg|thumb|right|150px|''[[Methanopyrus kandleri]]'' pode sobrevivir e reproducirse a 122  °C.]]
Un '''hipertermófilo''' é un organismo que vive en ambientes extremadamente quentes, superiores aos 60 °C, e que ten unha temperatura óptima de crecemento por riba dos 80 °C. Se os organismos viven en intervalos de temperatura menores denomínanse [[termófilo]]s. Os hipertermófilos son un tipo de organismos [[extremófilo]]s, a maioría son microorganismos do [[dominio (bioloxía)|dominio]] das [[arqueas]], aínda que tamén hai algunhas [[bacteria]]s que poden tolerar temperaturas de arredor de 100 °C. Algunhas bacterias poden sobrevivir a temperaturas superiores aos 100 °C nas que en condicións estándar fervería a auga, pero viven a grandes profundidades no mar, onde as altas presións fan que a auga entre en ebulición a maiores [[punto triple|temperaturas]]. Moitos hipertermófilos poden tamén soportar outras condicións ambientais extremas, como elevada acidez ou niveis de radiación intensos.
 
== Historia ==
Os hipertermófilos foron descubertos por [[Thomas D. Brock]] en 1965, en [[augas hidrotermais|mananciais quentes]] do [[Parque Nacional de Yellowstone]], [[Wyoming]], [[Estados Unidos|EUA]].<ref>Joseph Seckbach, et al.: Polyextremophiles - life under multiple forms of stress. Springer, Dordrecht 2013, ISBN 978-94-007-6487-3,preface; [http://books.google.at/books?id=vRGvZmALC3YC&pg=PT3&dq=thomas+brock+1965+thermophiles+polyextremophiles&hl=en&sa=X&ei=F3z8Us3lBMOShQecwIGIDw&redir_esc=y#v=onepage&q=thomas%20brock%201965%20thermophiles%20polyextremophiles&f=false @google books] </ref><ref> [http://www.genetics.org/content/146/4/1207.full.pdf The Value of Basic Research: Discovery of 117termus aquaticus and Other Extreme Thermophiles]</ref> Desde entón, descubríronse máis de 70 especies.<ref>[http://www.dlr.de/me/Portaldata/25/Resources/dokumente/publikationen/P2_11.pdf Hyperthermophilic Microorganisms]</ref> Os hipertermófilos máis extremos viven nas paredes [[superquentamento|superquentes]] das [[cheminea hidrotermal|chemineas hidrotermais]] do océano profundo, e requiren para sobrevivir temperaturas que non baixen dos 90&nbsp;°C.
Unha hipertermófila extraordinariamente tolerante á calor é a recentemente descuberta ''[[cepa 121]]''<ref name="astrobio">[http://www.astrobiology.com/news/viewpr.html?pid=12337 Microbe from depths takes life to hottest known limit]</ref> que foi quen de duplicar a súa poboación en 24 horas nunha [[autoclave]] a 121&nbsp;°C (de aí o nome da cepa); pero o récord actual de temperatura de crecemento é de 122&nbsp;°C e teno a especie arqueana '' [[Methanopyrus| Methanopyrus kandleri]]''.
 
Aínda que polo momento non se descubriu ningún hipertermófilo que viva por riba dos 122&nbsp;°C, a súa existencia é moi posible (a mencionada cepa 121 sobreviviu durante dúas horas a 130&nbsp;°C, pero non se puido reproducir ata que foi transferida a un medio de cultivo relativamente máis "frío", a 103&nbsp;°C). Porén, crese que é improbable que os microbios poidan sobrevivir a temperaturas por riba dos 150&nbsp;°C, xa que a cohesión do [[ADN]] e outras moléculas vitais empeza a perderse nese punto.
 
== Investigacións ==
Os hipertermófilos deben ter modificacións no seu ADN, membranas e encimas para poderen resistir a grande enerxía térmica do seu duro ambiente. Tales adaptacións están sendo moi estudadas.
As primeiras investigacións en hipertermófilos especulaban que os seus [[xenoma]]s deberían estar caracterizados por ter un alto [[contido GC]]; porén, estudos recentes indican que "non hai unha correlación obvia entre o contido GC do xenoma e a temperatura de crecemento óptima do organismo."<ref name="pubmed">[http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?artid=1088632 High guanine-cytosine content is not an adaptation to high temperature: a comparative analysis amongst prokaryotes]</ref><ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Zheng H, Wu H |title=Gene-centric association analysis for the correlation between the guanine-cytosine content levels and temperature range conditions of prokaryotic species |journal=BMC Bioinformatics |volume=11 |pages=S7 |date=December 2010 |doi=10.1186/1471-2105-11-S11-S7 |pmc=3024870 |pmid=21172057}}</ref>
 
As moléculas [[proteína|proteicas]] dos hipertermófilos presentan hipertermoestabilidade, é dicir, poden manter a súa estabilidade estrutural (e funcionalidade) a altas temperaturas. Ditas proteínas son [[homoloxía (bioloxía)|homólogas]] a outras funcionalmente equivalentes de organismos que viven a temperaturas menores, pero [[evolución|evolucionaron]] para realizar unha función óptima a temperaturas moito maiores. A maioría dos homólogos de temperaturas baixas das proteínas hipertermoestables [[desnaturalización (bioquímica)|desnaturalízanse]] por riba dos 60&nbsp;°C. Estas proteínas hipertermoestables son nalgúns casos importantes comercialmente, xa que as reaccións químicas ocorren máis rápido a altas temperaturas.<ref>[http://www.biomedcentral.com/1471-2164/7/186 "Analysis of Nanoarchaeum equitans genome and proteome composition: indications for hyperthermophilic and parasitic adaptation."]</ref>
 
== Hipertermófilos específicos ==
 
=== Arqueas ===
* [[Cepa 121]], unha [[arquea]] que vive a 121&nbsp;°C no océano [[Pacífico]].
* ''[[Pyrolobus fumarii]]'', unha arquea que vive a 113&nbsp;°C en fontes hidrotermais submariñas do [[Atlántico]].
Liña 27:
* ''[[Methanopyrus]] kandleri'' cepa 116, unha arquea que vive a 80–122&nbsp;°C na [[dorsal do Índico central]].
 
=== Bacterias Gram-negativas ===
* ''[[Geothermobacterium ferrireducens]]'', que vive a 65–100&nbsp;°C na [[Poza de obsidiana]], do Parque Nacional de Yellowstone.
* ''[[Aquifex aeolicus]]''
* ''[[Thermotogae|Thermotoga]]'', especialmente ''[[Thermotoga maritima]]''
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mesófilo (organismo)|Mesófilo]]
* [[Psicrófilo]]