Taenia saginata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Cite journal; cambios estética
Liña 23:
Ao escólex segue a porción xerminal ou colo, a partir da cal se desenvolve o estróbilo ou cadea de segmentos, chamados proglótides, que forman o corpo do animal. A medida que estes proglótides se afastan do escólex desenvólvense en cada un deles aparatos xenitais masculinos e femininos, xa que son [[hermafrodita]]s. As proglótides maduras teñen un [[útero]] (non ramificado, pero ramifícase no útero grávido), [[ovario]], un poro [[xenital]], [[testículo]]s, e unha glándula vitelina. Trala autofecundación, o aparato xenital masculino atrófiase e prodúcense os ovos ou embrióforos dentro do útero, que pasa a ocupar practicamente todo o interior dos proglótides, os cales se desprenden do estróbilo en pequenas cadeas e saen ao exterior xunto coas feces do [[hóspede]] ou a través da súa propia acción motriz (poden moverse unha vez desprendidos), o que lles permite atravesar o [[esfínter]] anal, característica que non ten ''T. solium'', que ademais é máis curta e delgada. Desta maneira, os segmentos da tenia poden verse frecuentemente nas feces ou adheridos á roupa interior.
 
O estóbilo de ''T. saginata'' é o maior do xénero ''[[Taenia]]'' en número de segmentos, e consta de 1000 a 2000 proglótides e ten cor branquecha. Pode vivir 25 anos no intestino do hóspede.<ref name="Bog">Bogitsh BJ, Carter CE (2005). ''Human Parasitology, 3rd Edition''. Academic Press, pp. 273-277. ISBN 0-12-088468-2</ref> Como os outros cestodos carece de [[aparato dixestivo]], boca ou ano. <ref name="schmidt">Roberts L, Janovy JrJ, Schmidt GD (2005). ''Foundations of Parasitology (8th edn).'' McGraw-Hill Companies, Inc., New York. ISBN 0-07-128458-3</ref>
 
As formas intermedias larvarias son de tipo [[cisticerco]], e coñécense tradicionalmente como ''Cysticercus bovis''; teñen o aspecto dunha vesícula de forma ovoide, miden 6-8 mm por 3-5 mm, posúen unha parede delgada, translúcida que encerra un líquido lixeiramente rosa, con trazas de [[mioglobina]]. Nun punto da superficie, entre o ecuador e un dos dous polos, hai un punto opaco que corresponde ao [[escólex]] invaxinado que está desprovisto de [[rostelo]] e ganchos, pero ten catro ventosas fortes de forma elíptica de 800 [[μm]] no seu eixe maior.<ref>Centro de Estudios Científicos y Tecnológicos "Diodoro Antunez Echegaray". [http://www.cecyt15.ipn.mx/polilibros/parasit/UNIDAD6/Taesagina.html]</ref>
Liña 38:
O diagnóstico bromatolóxico faise para examinar se a carne ten cisticercos e é apta para o consumo. O cisticerco pode distribuírse por todo o corpo do [[ruminante]]. Debido á súa localización nos tecidos, o diagnóstico xeralmente faise ''post mortem'' en cortes de [[músculo]], en especial o corazón, a lingua e os músculos [[maseter]] e [[tríceps braquial]]. Certas probas [[inmunitaria]]s ([[ELISA]]) detectan [[antíxeno]]s circulantes con grande especificidade.
 
As técnicas de laboratorio frecuentemente utilizadas para este cestodo e para os demais, son as técnicas coproparasitoscópicas (CPS) cualitativas e cuantitativas, o peneirado de feces, [[tinguidura de Ziehl-Neelsen]], [[técnica de Graham]]<ref>Parasitología general - Método de Graham [http://para1.wordpress.com/2008/06/21/metodo-de-graham/]</ref> e frotis directo. Pode facerse unha [[PCR]] para detectar os xenes do [[ARNr]] de 5,8 S.<ref>{{citeCita journalpublicación periódica |author=González LM, Montero E, Harrison LJ, Parkhouse RM, Garate T. |title=Differential diagnosis of Taenia saginata and Taenia solium infection by PCR. |journal=J Clin Microbiol. |volume=38 |issue=2 |pages=737–744 |year=2000 |pmid=10655377 |pmc=86191 }}</ref> <ref name=Zarlenga>{{citeCita journalpublicación periódica |author=Zarlenga DS. |title=The differentiation of a newly described Asian taeniid from Taenia saginata using enzymatically amplified non-transcribed ribosomal DNA repeat sequences. |journal=Southeast Asian J Trop Med Public Health. |volume=22 |issue=suppl |pages=251–255 |year=1991 |pmid=1822899 }}</ref>
 
Ao microscopio os ovos non se diferencian dos doutros da familia [[Taeniidae]]. O exame do escólex e proglótides pode servir para identificala.<ref name="schmidt"/> Cando o útero grávido se inxecta con tinta chinesa poden contarse as súas ramas, que son máis de 12 (de 12 a 20) en ''T. saginata'' e só de 5 a 10 en ''T. solium''.<ref name=Zarlenga/>
 
== Tratamento ==
Utilízase o fármaco [[praziquantel]], que abre os [[canal de calcio|canais de calcio]] causando a parálise do verme, o que axuda a que os movementos [[peristalse|peristálticos]] do intestino expulsen o parasito. Tamén se usa a [[niclosamida]].
 
== Prevención ==
Hixiene para evitar a contaminación por feces, cocer debidamente (56&nbsp;°C durante 5 minutos) a carne e vísceras de vaca para matar os cisticercos, conxelación (-10&nbsp;°C durante 9 días), longos períodos de salazón, inspección e control nos matadeiros.
 
== Notas ==
Liña 53:
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Taeniarhynchus saginatus}}
=== Outros artigos ===
* ''[[Taenia solium]]''
* [[Teníase]]