Transdución xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:General transduction miguelferig.png|miniatura|400px|Transdución xeneralizada.]]
En xenética, a '''transdución''' definiuse inicialmente como o proceso por medio do cal se transfería [[ADN]] dunha [[bacteria]] a outra pola intermediación dun [[virus]]. <ref name="HartlJones1998">{{citeCita booklibro |author=Jones, Elizabeth; Hartl, Daniel L. |title=Genetics: principles and analysis |publisher=Jones and Bartlett Publishers |location=Boston |year=1998 |pages= |isbn=0-7637-0489-X |oclc= |doi= |accessdate=}}</ref> Un uso ampliado moderno do termo é a de consideralo o proceso por medio do cal se insire material xenético (ADN ou [[ARN interferente pequeno]]) nunha célula (bacteriana ou eucariota) por medio dun virus vector. A transdución é un proceso que se dá de forma natural, pero é tamén unha ferramenta de uso común en bioloxía molecular para introducir establemente xenes alleos no xenoma dunha célula [[hóspede]]. A transdución non require un contacto célula a célula (como na [[conxugación bacteriana]]) nin o paso directo do ADN a través da membrana (como na [[transformación bacteriana]]), o que a fai resistente á ADNase, xa que é o virus quen transporta o material xenético a transferir.
 
Cando un virus [[bacteriófago]] (virus que infecta bacterias) infecta unha célula bacteriana, o seu modo normal de reprodución é aproveitar a maquinaria de [[replicación do ADN]], [[transcrición xenética|transcrición]] e [[tradución de proteínas|tradución]] da célula bacteriana hóspede para fabricar moitos virus fillos.
Liña 6:
A transdución é moi importante porque é un dos fenómenos que explican, por exemplo, como as bacterias adquiren resistencia aos [[antibiótico]]s debido á transferencia de xenes de resistencia a eles entre bacterias por mediación dos virus. Ademais, existe a posibilidade de crear procedementos de modificación xenética para intentar curara enfermidades conxénitas como a distrofia muscular de Duchènne baseándose nestas metodoloxías.
 
== Ciclos líticos e lisoxénicos ==
Algúns bacteriófagos como o [[fago lambda]] poden orixinar [[ciclo lítico|ciclos líticos]] de replicación, nos que orixinan inmediatamente virus fillos que lisan a célula, ou [[ciclo lisoxénico|ciclos lisoxénicos]], nos que o virus se integra no cromosoma e permanece latente (atemperado en forma de [[profago]]) moito tempo, ata que chegado un momento se separa do cromosoma e volve orixinar un ciclo lítico. A transdución pode ocorrer tanto nos ciclos líticos coma nos lisoxénicos. Durante o ciclo lítico o fago pode incorporar xenes da bacteria cando se están a formar os virus fillos. No ciclo lisoxénico o virus pode separarse do [[cromosoma bacteriano]] levando algúns xenes bacterianos adxacentes.
 
== Tipos de transdución ==
O empaquetamento do ADN no bacteriófago durante a formación dos virus fillos non ten unha alta fidelidade, polo que poden empaquetarse pequenos fragmentos do ADN bacteriano (xunto co material xenético do virus ou sen ADN viral). Ao mesmo tempo, algúns xenes do fago poden quedar no cromosoma bacteriano.
 
Existen dous tipos de transdución: xeneralizada e especializada.
 
=== Transdución xeneralizada ===
Na transdución xeneralizada o virus pode transferir calquera xene bacteriano a outra bacteria, e xeralmente o virus leva só ADN bacteriano e nada de ADN viral. En esencia é un empaquetamento de ADN bacteriano na [[cápsida]] do virus. Se o [[bacteriófago]] realiza o ciclo lítico, o virus replicará dentro da bacteria a súa cápsida e o seu ADN, e destruirá o ADN bacteriano. Se durante o empaquetamento do ADN na cápsida viral por casualidade entra ADN bacteriano pode producirse a ''transdución xeneralizada''. Isto pode ocorrer por dous procesos: empaquetamento "de cápsida chea" (''headful packaging'') na primeira bacteria e recombinación na segunda.
 
Liña 25:
# Se o novo ADN é coincidente cunha rexión homóloga do cromosoma da célula receptora, recombínase intercambiandose co ADN cromosómico e intégrase no cromosoma. Este tipo de [[recombinación xenética]] é aleatorio e a cantidade de ADN recombinado depende do tamaño do virus usado.
 
=== Transdución especializada ===
[[Ficheiro:Special transduction miguelferig.png|miniatura|dereita|400px|Transdución especializada.]]
Na ''transdución especializada'' o virus transfire dunha bacteria a outra xenes que están próximos á zona onde se inseriu o xenoma vírico durante un ciclo lisoxénico na primeira bacteria. Os xenes que se transfiren dependen da zona onde se inseriu o fago, que xeralmente é sempre a mesma zona concreta do cromosoma; por exemplo, o fago lambda insírese na zona entre os xenes ''gal'' e ''bio''. Cando o fago abandona o ciclo lisoxénico e pasa ao ciclo lítico, ten que separar o seu ADN do cromosoma onde se inseriu, pero poden producirse erros e non se corta exactamente polos límites do ADN viral senón que se corta algo máis alá e leva tamén xenes bacterianos adxacentes (por exemplo, o fago lambda pode levar o xene ''gal'' ou o ''bio''), que serán empaquetados na cápsida vírica xunto co [[xenoma]] vírico. Pero ao levar este material extra o xenoma do virus queda máis curto do normal (é defectivo), porque lle faltan xenes víricos no outro extremo. <ref name=Transduction/>
Liña 41:
== Descubrimento ==
 
A transdución descubrírona [[Norton Zinder]] e [[Joshua Lederberg]] na [[University of Wisconsin–Madison]] en 1951 traballando con bacterias.<ref name=Transduction> Griffiths AJF, Miller JH, Suzuki DT, et al. An Introduction to Genetic Analysis. 7th edition. New York: W. H. Freeman; 2000. NCBI books [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=iga.section.1363 Transduction]</ref> Porén, o mecanismo da transdución xeral e especializada non se descubriu ata anos máis tarde grazas aos traballos de [[Esther Lederberg]], [[Larry Morse]], E. Lively, [[Allan Campbell]] e Joshua Lederberg. Pode verse unha lista detallada das publicacións en: <ref name=esther>[http://www.estherlederberg.com/Censorship/CensorshipIndex.html Esther Lederberg]</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Transformación xenética]]
* [[Conxugación bacteriana]]
Liña 54:
* [[Cósmido]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=iga.section.1363 Resumo sobre a transdución en ncbi.nlm.nih.gov]
* [http://www.sci.sdsu.edu/~smaloy/MicrobialGenetics/problems/exchange/transduction/gentdx.html Generalized] and [http://www.sci.sdsu.edu/~smaloy/MicrobialGenetics/problems/exchange/transduction/sptdx.html Specialized] transduction en sdsu.edu
* [http://www.rahulgladwin.com/noteblog/virology/generalized-vs-specialized-transduction.php Generalized vs Specialized Transduction]
 
 
[[Categoría:Xenética]]