Bacteria gramnegativa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Cite book; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Pseudomonas aeruginosa Gram.jpg|miniatura|dereita|Micrografía da bacteria Gram-negativa ''[[Pseudomonas aeruginosa]]'' (bacilos rosa-vermellos).]]
 
Unha '''bacteria Gram-negativa''' é unha bacteria que non se tingue de violeta ou azul escuro coa [[tinguidura de Gram]]. Isto débese a que, pola estrutura da súa parede, non retén o colorante [[cristal violeta]] que se usa en dita tinguidura ao lavala nunha solución decolorante. <ref name=Baron>{{citeCita booklibro | author = Salton MRJ , Kim KS | title = Structure. ''in:'' Baron's Medical Microbiology ''(Baron S ''et al.'', eds.)| edition = 4th | publisher = Univ of Texas Medical Branch | year = 1996 | url = http://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/bv.fcgi?rid=mmed.section.289 | isbn = 0-9631172-1-1 }}</ref> Xeralmente, na tinguidura de Gram, despois de aplicar o cristal violeta, aplícase un segundo colorante de contraste ([[safranina]] ou [[fucsina]]), que tingue as bacterias Gram-negativas de rosa ou vermello ; en caso de que non se aplique o colorante de contraste as bacterias Gram-negativas quedarían pálidas (a diferenza das [[Gram-positiva]]s, que quedarían violetas). Esta proba é moi útil na clasificación das bacterias segundo o seu tipo de [[parede celular]].
 
Na literatura o termo pode aparecer escrito das seguintes maneiras: '''Gram negativa''' <ref> M. Madigan, J. Martinko, J. Parker. Brock Microbiología de los Microorganismos. Pearson-Prentice Hall. (2004). 10ª edición. ISBN 84-205-3679-2.</ref>, '''Gram-negativa'''<ref>Stanier, Doudoroff, Adelberg. Microbiología. 2ª ed. Aguilar. ISBN 84-03-20256-3.</ref> <ref>Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Páxina 71 (tomo 10). ISBN 84-7680-298-6.</ref>, '''gram-negativa''' <ref>Strassburger. Botánica. 7ª ed. Marín. ISBN 84-7102-990-1.</ref><ref>Zhang H, Sekiguchi Y, Hanada S, Hugenholtz P, Kim H, Kamagata Y, Nakamura K. "Gemmatimonas aurantiaca gen. nov., sp. nov., a gram-negative, aerobic, polyphosphate-accumulating micro-organism, the first cultured representative of the new bacterial phylum Gemmatimonadetes phyl. nov.". Int J Syst Evol Microbiol (Pt 4). PMID 12892144.</ref> e '''gramnegativa''' <ref>Diccionario Terminológico de Ciencias Médicas. Masson. 13ª ed. Páxina 555. ISBN 84-458-0095-7.</ref><ref>Enciclopedia Larousse 2000. Larousse. Páxinas 2607-2608 (tomo 7). ISBN 84-89898-57-X.</ref>.
Liña 15:
# Membrana citoplasmática
# Capa delgada de [[peptidoglicano]] (moito máis delgada ca nas [[Gram-positiva]]s)
# Presenza dunha membrana externa que envolve toda a célula, que contén [[lipopolisacárido]] (LPS, que consta de [[lípido A]], [[polisacárido]], e [[antíxeno O]]) na súa parte externa e [[fosfolípido]]s na interna
# Proteínas [[porina]]s situadas na membrana externa, que actúan como poros para determinadas moléculas
# Existe un espazo entre a capa de peptidoglicano e a membrana externa chamado [[espazo periplásmico]]
# A [[capa S]], cando existe, está directamente unida á membrana externa e non ao peptidoglicano
# Os [[flaxelo#Flaxelo bacteriano|flaxeloflaxelos]]s, se a célula os ten, teñen catro aneis de soporte, en lugar dos dous das bacterias Gram-positivas
# Non hai [[ácido teicoico|ácidos teicoiocos]] nin [[ácido lipoteicoico|lipoteicoicos]]
# As [[lipoproteína]]s están unidas ao esqueleto do polisacárido
Liña 25:
# A maioría non son esporuladas (''[[Coxiella burnetii]]'', que produce estruturas similares a [[espora]]s, é unha notable excepción).
 
== Clasificación ==
Xunto coa forma da célula, a [[tinguidura de Gram]] é unha ferramenta de diagnóstico rápido e foi usada para agrupar especies e na subdivisión de Bacteria.
[[Ficheiro:Gram-negative Bacteria - Lab methods algorithm.svg|500px|miniatura|Gram negativas. Xerarquía de identificación de especies en probas clínicas.]]
Liña 32:
Desde 1987, a [[monofilético|monofilia]] das bacterias Gram-negativas foi posta en dúbida polos estudos de filoxenética molecular realizados. <ref name="woese87"> Woese, C. R. (1987). "Bacterial evolution". Microbiological reviews 51 (2): 221–271. PMC 373105. PMID 2439888. [http://www.pubmedcentral.nih.gov/articlerender.fcgi?tool=pmcentrez&artid=373105].</ref> Porén, algúns autores, como [[Cavalier-Smith]] aínda tratan as bacterias como un [[clado]] monofilético e refírense ás Gram-negativas como o subreino "Negibacteria". <ref name="pmid">{{cite journal |author=Cavalier-Smith T |title=Rooting the tree of life by transition analyses |journal=Biol. Direct |volume=1 |issue= |pages=19 |year=2006 |pmid= 16834776|pmc=1586193 |doi=10.1186/1745-6150-1-19 |url=http://www.biology-direct.com/content/1//19}}</ref>
 
Cómpre salientar que a distinción entre [[bacteria]]s [[Gram-positiva]]s ou [[Gram-negativa]]s é ambiguo, xa que se pode referir a tres diferentes aspectos: resultado da tinguidura, organización da [[envoltura celular bacteriana|envoltura celular]], e grupo taxonómico, os cales non necesariamente van xuntos para unha mesma especie. <ref name="Desvaux et al., 2009">, Desvaux M, Hébraud M, Talon R, Henderson IR. 2009. Secretion and subcellular localizations of bacterial proteins: a semantic awareness issue. Trends Microbiol. 17:139-145.</ref> Cando nos referimos ao tipo de envoltura bacteriana, o uso dos termos bacteria '''monoderma''' ou '''diderma''' é máis apropiado. <ref name="Desvaux et al., 2009" /> As didermas poden subdividirse polo menos nos grupos didermas–LPS e didermas–micolato. <ref name="Sutcliffe, 2010">, Sutcliffe IC. 2010. A phylum level perspective on bacterial cell envelope architecture. Trends Microbiol. 18:464-470. </ref> Hai didermos que son Gram-positivos, como membros do grupo ''[[Deinococcus-Thermus]]'', e os [[Chloroflexi]] son monodermos pero teñen unha tinguidura de Gram variable, na maioría dos casos Gram-negativa.<ref name=Madigan_2004>{{citeCita booklibro | last = Madigan | first = MT | coauthors = Martinko J, Parker J | title = Brock Biology of Microorganisms | edition = 10th | publisher = Lippincott Williams & Wilkins | year = 2004 | isbn = 0-13-066271-2 }}</ref><ref name=Begey_essay>{{citeCita booklibro |series=[[Bergey's Manual of Systematic Bacteriology]]|volume=2A|title=Introductory Essays|editor=George M. Garrity |coauthors=Don J. Brenner, Noel R. Krieg, James T. Staley |publisher=Springer|location= New York |edition=2nd|isbn=978-0-387-24143-2 |pages=304 |url=http://www.springer.com/life+sciences/book/978-0-387-24143-2 |date=July 26, 2005| origyear =1984(Williams & Wilkins)|id=British Library no. GBA561951}}</ref>
 
=== Exemplos ===
Liña 46:
Unha das razóns da gravidade dalgunhas infeccións por bacterias Gram-negativas é a súa membrana externa. A parte externa desta membrana presenta un complexo de [[lipopolisacárido]]s cuxa porción lipídica actúa como unha [[endotoxina]]. Se a endotoxina entra no [[sistema circulatorio]], causa unha reacción tóxica, e o paciente presenta febre, aumenta o seu ritmo respiratorio, e diminúe a súa presión arterial. Isto pode producir un shock endotóxico, que pode ser mortal.
 
Esta membrana externa protexe á bacteria de varios [[antibiótico]]s, tinguiduras e [[deterxente]]s que normalmente danarían a capa de peptidoglicano. A membrana externa proporciona a estas bacterias resistencia ao [[lisocima]] e á [[penicilina]]. Porén, hai tratamentos médicos alternativos como lisocima con [[EDTA]] e o antibiótico [[ampicilina]], que atacan a membrana externa protectora dalgunhas destas bacterias. Outros fármacos usados son principalmente o [[cloranfenicol]], [[estreptomicina]], e [[ácido nalidíxico]].
 
== Notas ==
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Tinguidura de Gram]]
* [[Bacteria Gram-positiva]]
Liña 58:
* [[Envoltura celular bacteriana]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://opm.phar.umich.edu/localization.php?localization=Bacterial%20gram-negative%20inner%20membrane Estruturas 3D de proteínas da membrana interna de bacterias Gram-negativas.]
* [http://microbeid.com/Methods/gramstain.html Tinguidura de Gram. Procedemento e imaxes.]
 
[[Categoría:Bacterias]]
 
 
[[ar:بكتيريا سلبية الغرام]]
Liña 69 ⟶ 68:
[[cs:Gramnegativní bakterie]]
[[en:Gram-negative bacteria]]
[[eo:Gram-negativaj bakterioj]]
[[es:Bacteria Gram negativa]]
[[eo:Gram-negativaj bakterioj]]
[[fa:باکتری گرم-منفی]]
[[fi:Gramnegatiivinen bakteeri]]
[[fr:Gram négatif]]
[[id:Gram-negatif]]
Liña 79:
[[ru:Грамотрицательные бактерии]]
[[sl:Gramnegativna bakterija]]
[[fi:Gramnegatiivinen bakteeri]]
[[sv:Gramnegativa bakterier]]
[[tr:Gram-negatif]]