Adenosín monofosfato cíclico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 65:
O AMPc e as súas [[quinase]]s asociadas funcionan en varios procesos bioquímicos, como a regulación do metabolismo do [[glicóxeno]], azucres e [[lípido]]s.
 
Nos humanos, o AMPc funciona activando a proteína quinase A ou PKA, tamén coñecida como proteína quinase dependiente do AMPc. No seu estado de holoencima [[tetrámero|tetramérica]] normalmente é inactiva, e consta de dúas unidades catalizadoras e dúas reguladoras (C<sub>2</sub>R<sub>2</sub>) coas unidades reguladoras bloqueando os centros catalizadores das unidades catalizadoras. O AMPc únese a sitios específicos nas unidades reguladoras da proteína quinase, o que causa a disociación das subunidades reguladoras e catalizadoras, e isto activa as unidades catalizadoras e permítelles que fosforilen as proteínas que son os seus [[substrato encimático|substratos]].
 
As subunidades activas catalizan a transferencia do fosfato desde o ATP a residuos específicos de [[serina]] das proteínas que son os seus substratos. As proteínas unha vez fosforiladas poden actuar directamente nas canles iónicas das células, ou poden converterse en encimas que foron activados ou inhibidos. A proteína quinase A pode tamén fosforilar proteínas específicas que despois se unen ás rexións [[promotor (xenética)|promotoras]] do ADN, causando o aumento da expresión de determinados [[xene]]s.