Harare: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 20:
|altitude = 1.490
|superficie = 960,6
|poboación = 1. 606. 000 hab. ([[2009]])
|densidade = 2.540 hab/km²
|xentilicio =
Liña 27:
|sitio web = [http://www.hararecity.co.zw]
}}
'''Harare''' (no pasado coñecida como '''Salisbury''') é a capital de [[Cimbabue]] e tamén a cidade máis populosa e o principal centro administrativo, comercial e da comunicacións. Como [[Bulawayo]], goza do rango de [[provincias de Cimbabue|provincia]] independente. En 2002 a súa poboación era de 1. 903. 510 habitantes. A poboación da súa área metropolitana calcúlase que se achega aos 2. 800. 000 habitantes.
 
Unha da imaxes máis difundidas de Harare é a das árbores [[xacarandá]] aliñadas á beira das grandes rúas da parte norte do centro urbano.
Liña 38:
O nome da cidade mudouse para Harare o [[18 de abril]] de [[1982]], segundo aniversario da indipendencia de Zimbabwe, tomándoo do nome do xefe tribal [[shona]] [[Neharawa]]. Algúns dos suburbios da cidada menteñen aínda un nome europeo, como Warren Park 'D', Borrowdale, Mount Pleasant, Tynwald, Rotten Row e Rietfontein.
 
En maio de [[2005]], o goberno de [[Robert Mugabe]] iniciou a controvertida operación da demolición dos barrios pobres da cidade, denominada [[Operation Murambatsvina]]. O propósito do goberno era eliminar a grande [[delincuencia]] e pór freo ao comercio ilegal e á economía submersa, aos que se atribuía as dificultades econímicas do país. Tal operación de derribo suscitou amplas protestas por parte da comunidade internacional, porque se realizaron sen aviso previo e sen proveer alternativas para a poboación afectada, en boa medida composta por persoas provenientes do campo que chegaran á cidade en busca de traballo. O partido da oposición ([[Movemento Democrético (Cimbabue)|Movemento Democrático]]) acusou ao goberno de botar abaixo deliberadamente tales moradas para castigar a cidadáns que votaran en contra do partido do ''premier''.
 
== Economia ==
Liña 45:
 
== Clima ==
Harare goza de clima suave e saudábel. A media anual de temperaturas è de 17,95 °C, incluso pode considerarse baixa para os [[trópico]]s: débese a súa elevada altitude, próxima aos 1.500 msnm, e ao predominio de ventos frescos provenientes do sudeste. Hai tres estacións principais: unha cálida e húmida, entre novembro e abril; outra fresca e seca, desde maio a agosto; e outra cálida e seca entre setembro e outubro. A temperatura varía entre 7 °C e 20 °C en xullo (mes máis frío), entre 13 °C e 28 °C en outubro (mes máis quente) e entre 15,5 °C e 25 °C en xaneiro (metade do [[verán|estío]]). As temperaturas máis altas rexistradas son de [[1914]], cunha media de 19,73 °C, e as máis frías pertencen a 1965, con 17,13 °C. A media anual de precipitacións é de cerca de 825 mm na parte suleste da cidade, e de 855 mm na parte alta no norleste. No período entre maio e setembro a pluviosidade é moi baixa, pero breves períodos de choiva ocorren ao longo de todo o ano. A pluviosidade varía dun para outro ano, e mesmo se suceden ciclos de períodos secos e períodos húmidos dunha dura de 7 a 10 días. Os rexistros comezáron no mes de outubro de [[1890]], porén os datos das tres estacións meteorolóxicas de Harare iiniciaron a difusión dos datos en [[2004]].
 
== Galería fotográfica ==