Benimaclet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 5:
'''Benimaclet''' é o nome que recibe o distrito número 14 e un barrio da cidade de [[Valencia]]. A súa poboación era de 30.626 habitantes no [[2009]].<ref>{{cita web|url=http://www.ayto-valencia.es/ayuntamiento/webs/estadistica/inf_dtba/pub/Districte_14.pdf|título=Districte 14. Benimaclet|obra=Oficina d'Estadística. Ajuntament de València|lingua=valenciano e español|dataacceso=27 de xaneiro de 2011}}</ref>
 
== Situación ==
Benimaclet áchase na parte norte da cidade, limita ao oeste co barrio de Orriols, ao norte co municipio de [[Alboraya]], e co segundo cinto de rolda de Valencia (tradicionalmente chamado camiño de Tránsitos) ao sur. Na actualidade, o antigo municipio de Benimaclet conforma un distrito da cidade de [[Valencia]], que engloba o antigo pobo e as zonas recentemente urbanizadas da súa ao redor, así como a zona na que se acha a Universidade Politécnica de Valencia, que se coñece como ''Vera''. Coa finalización da rolda Norte de Valencia e a urbanización de terreo a horta vai desaparecendo.
 
== Historia ==
Benimaclet tivo sempre unha entidade propia, coa súa igrexa, coa súa praza maior e cunha distribución de rúas moi similar á de calquera pobo da comarca de L'Horta. Aínda existen carteis nalgunhas rúas nos que pon literalmente "Poble de Benimaclet". Foi municipio independente desde os inicios do [[século XVI]] até a súa anexión a [[Valencia]] en [[1878]]. Até [[1970]], data na que pasou a ser un barrio máis da cidade foi unha pedanía da cidade de Valencia. A súa proximidade ás universidades literaria e politécnica de Valencia fixéronlle contar sempre cunha numerosa poboación estudantil.
 
Benimaclet foi un das zonas da cidade con maior tradición asociativa, a ''Associació de Veïns de Benimaclet'' foi unha das máis importantes da cidade na época de maior auxe do movemento veciñal, existen numerosos [[casal falleiro|casais falleiros]] e tamén a ''Confraria do Crist da Providència de Benimaclet'' (unha entidade fundada no [[século XVI]] e que actualmente persiste organizando as festas patronais no mes de [[setembro]]). É tamén un dos barrios da cidade onde aínda se escoita falar maioritariamente o [[lingua catalá|catalán]] nas súas rúas, nos comercios e no seu típico mercado.
 
== Poboación ==
Benimaclet tiña 30.448 habitantes en [[2007]], distribuídos entre dous barrios:
* Benimaclet (24.673)
* Camí de Vera (5.7755775)
 
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Benimaclet}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.cimbenimaclet.com/rec/escudoB.gif Antigo escudo de Benimaclet]
 
{{Distritos de Valencia}}