Xustiniano I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 105:
A comezos do seu reinado, considerou oportuno promulgar por lei a súa crenza na [[Trindade (relixión)|Trindade]] e na [[Encarnación]], e ameazar a todos os [[herexía|herexes]] con sancións <ref>''Cod.'', I., i. 5</ref>; mentres que declaraba a continuación que a través da lei pretendía privar a quen fosen contrarios á ortodoxia de exercer como tales <ref>''MPG'', lxxxvi. 1, p. 993</ref>. Fixo do credo niceno-constantinopolitano o símbolo único da Igrexa <ref>''Cod.'', I., i. 7</ref>, e conferiu forza legal ás disposicións canónicas dos catro concilios ecuménicos <ref>''Novellae'', cxxxi.</ref>. Os bispos que asistiron ao [[Segundo Concilio de Constantinopla]] en [[536]] recoñeceron que na Igrexa non se podía facer nada en contra da vontade e das ordes imperiais <ref>Mansi, ''Concilia'', viii. 970B</ref>; aínda que tamén é certo que o emperador non deixou pasar ningunha oportunidade para reafirmar os dereitos da Igrexa e o clero, así como protexer e estender o [[monaquismo]].
 
De feito, se non fose polo evidente carácter despótico das súas medidas, case cabería a tentación de alcumalo [[padres da Igrexa|pai da Igrexa]], pois, tanto o ''Codex'' como as ''Novellae'' conteñen numerosas normas sobre doazóns, fundacións e a administración da propiedade eclesiástica; a elección e dereitos dos bispos, sacerdotes e abades; a vida monástica; as obrigas de residencia do clero; o modo de levar a cabo as cerimonias; a xurisdición episcopal, etc. Xustiniano tamén reconstruíu a igrexa de [[Santa Sofía de Constantinopla|Santa Sofía]], cuxa construción orixinal fora destruída durante as revoltas Niká. A nova Santa Sofía, coas súas numerosas capelas e altares, a súa gran cúpula dourada e os seus extraordinarios mosaicos, converteuse no centro e monumento máis visíbel da [[Igrexa ortodoxa|ortodoxia oriental]] en Constantinopla.
 
== Relacións con [[Imperio Romano de Occidente|Roma]] ==