Vogais da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
[[Ficheiro:Espectrograma vogais i-u.jpg|dereita|miniatura|315px|[[Espectrograma]] das sete vogais galegas: /i/, /e/, /ɛ/, /a/, /ɔ/, /o/ e /u/.]]
 
As [[Vogal|vogais]] son [[Articulación fonética|articulaciónarticulacións]]s abertas, polo que o [[Ar (atmosférico)|ar]] sae ó exterior sen obstrucións. Durante a súa emisión os [[articulador|órganos articulatorios]] deixan unha canle máis ou menos ampla sen que ningún deles se interpoña na corrente de ar en vibración.
 
== Sistema vocálico tónico do galego ==
Onde mellor se distinguen as vogais dunha lingua é nas [[sílaba]]s tónicas, ou sexa, naquelas que levan [[Acento prosódico|acento]], porque estas sílabas, ao recibiren a maior forza de articulación son as que se pronuncian con máis claridade de matices. Cando falamos de sílabas tónicas referímonos ao acento da [[fala]], non ao acento da escrita ou til. Polo tanto, consideramos sílabas tónicas as que aparecen en negriña nas seguintes palabras, con ou sen acento gráfico: '''''úl'''timo'', '''dó'''lar'', ''a'''mi'''go'', ''ca'''fé''''', ''an'''dar''''', '''''sol'''''.
 
Liña 15:
:En xeral na emisión das vogais o aire sae exclusivamente pola boca, xa que o veo do [[padal]] está pegado á parede da [[farinxe]] impedindo que pase ás [[cavidade nasal|cavidades nasais]], e así temos vocais orais (representadas no cadro). Pero se o veo do padal está baixado o aire sae simultaneamente pola canle bucal e pola nasal, producíndose entón vocais oronasais (ou nasais). En galego calquera vocal pode realizarse máis ou menos nasalizada por contacto con consoante nasal.</ref>:
 
* '''Abertura''': as vogais galegas poden clasificarse en catro graos principais: [[Vogal aberta|aberta]], [[Vogal semiaberta|semiaberta]], [[Vogal semipechada|semipechada]], [[Vogal pechada|pechada]].
* '''Localización''': Tendo en conta a posición da lingua, danse tres '''localizacións''' básicas: [[Vogal anterior|anterior]], [[Vogal central|central]] e [[Vogal posterior|posterior]].
 
De todos estes trazos resulta o seguinte [[cadro vocálico]] :
Liña 23:
[[Ficheiro:Vocalismo_galego_tónico.jpg|500px|esquerda]]
 
* /i/: vogal anterior pechada
* /e/: vogal anterior semipechada
* /ɛ/: vogal anterior semiaberta
* /a/: vogal media aberta
* /ɔ/: vogal posterior semiaberta
* /o/: vogal posterior semipechada
* /u/: vogal posterior pechada.
<br/>
<br/>
Liña 35:
Eis o sistema de sete vogais que atopamos en posición tónica e que ten a súa orixe nun sistema [[Latín|latino]] de 10 elementos, modificado profundamente na lingua falada coa [[desfonoloxización]] da [[cantidade vocálica]]. Ó ser o galego herdeiro directo do sistema latino e estar cada unha das sete vocais condicionada pola [[etimoloxía]] cabería agardar que cada palabra tivese idéntico vogalismo en todo o territorio, mais isto non se cumpre en tódolos casos. No vocalismo tónico, dous casos creban a regularidade: unha consoante [[nasal]] trabando sílaba e o fenómeno da [[metafonía]], fenómenos, ámbolos dous, característicos da [[dialectoloxía]] galega.
 
=== Outra terminoloxía ===
* [[Velar]]es, é dicir, pronunciadas contra a parte de atrás da boca:
:::o /u/: ''uso'', ''difuso'', ''hindú''
Liña 51:
As vogais /o/ e /ɔ/, por unha banda, e /e/ e /ɛ/ pola outra, aparecen representadas por unha única letra ''e'' e ''o''. Isto significa que soamente pola grafía non podemos galistrar se unha palabra se pronuncia con ''e'' ou ''o'' abertos ou pechados.
 
=== Consoante nasal trabando sílaba ===
A vogal posterior que [[etimoloxía|etimoloxicamente]] debía ser semiaberta, péchase un grao diante de nasal implosiva no occidente do territorio. Este fenómeno coñecido como [[influencia da nasal trabante]] afecta só aos nomes: /’koNtO/, /’foNtE/, /’poNtE/, tamén /’donO/ (> *dɔmno > DOMINU). No galego asturiano, e en puntos illados do galego oriental poden atoparse con vogal semiaberta, porque nesas falas todo ''o'' ante nasal é aberto: /’lɔNbO/, /la’kɔN/.
 
Na serie anterior (''e''), a pechazón por ''n'' implosivo ocupa unha área de extensión diversa, partindo do oeste a noroeste: /’lɛNtO/ ∼ /’leNtO/.
 
=== Metafonía ===
A [[metafonía]] é a abertura de /e/ ou /o/ por influxo de -a final ou a fechazón de /ɛ/ ou /ɔ/ por -o na mesma posición:<br/>
<br/>
Liña 75:
Hai palabras que escapan por completo ó fenómeno da metafonía: ''folla'', ''cego''-''cega'', ''porco''-''porca''; tampouco chegou a actuar en toda a totalidade do dominio lingüístico galego. Os dados que se coñecen indican con claridade que este proceso tivo a súa orixe en puntos do [[galego occidental]] e que se foi espallando cara ó ''galego central'', ó que afectou de maneira variable.
 
=== As vogais tónicas en galego, [[Lingua portuguesa|portugués]] e [[lingua castelá|español]] ===
Xeralmente, as vogais abertas do galego e do portugués corresponden a ditongos en español, debido á diferente evolución que experimentou esta lingua dende o latín vulgar.
 
Liña 101:
|}
 
== Sistema vocálico átono do galego ==
As vogais átonas caracterízanse por unha menor perceptibilidade por mor de teren menor duración e menor intensidade cás tónicas.
 
Na actualidade, vénse admitindo que en posición pretónica se manteñen as sete vogais presentes na posición tónica<ref>Distínguense sete vogais a pesar de que esta oposición non rende moito: ''vɔtar'' oponse a ''botar'', ''osiño'' a ''ɔsiño'', etc.</ref> (véxase imaxe do sistema vocálico do apartado anterior). En posición átona medial de palabra, redúcense a cinco (arquifonema E e O)<ref>En ningún caso a pronuncia semiaberta en posición átona medial dunha vogal de abertura media, no canto da habitual realización semipechada, provoca variacións no significado. Isto implica que a oposición entre vogal semiaberta e semipechada esta neste contexto neutralizada. Por mor diso falamos de que nesta posición hai uns arquifonemas /E/ e /O/.</ref>.
 
[[Ficheiro:Vocalismo_galego_átono.jpg|500px|centro|Vocalismo átono medial de palabra]]
Liña 113:
----
 
== Notas ==
<references/>