Trazo distintivo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Exemplo na fonética: Grao (gramática)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
En [[lingüística]], coñécese como '''trazo distintivo''' ou '''marcado''' o [[trazo]] lingüístico que serve para caracterizar unha unidade lingüística para un falante. O sistema de trazos distintivos dáse en tódolos niveis da análise lingüística ([[fonética]], [[fonoloxía]], [[morfosintaxe]], [[semántica]]) e permite que o falante non deba ser consciente de tódalas características da fala [[lingüística cognitiva|cognitivamente]].
 
== Exemplo na [[fonética]] ==
En [[lingua castelá|castelán]] non hai [[vogal|vogais]] semiabertas e semipechadas, pero en [[Lingua galega|galego]] si. O trazo distintivo do [[Grao (gramática)|grao]] de abertura vocálica existe en galego pero non en castelán, porque un castelánfalante non debe interpretar se a primeira vogal de ''ven'' e a de ''ben'' ou ''vén'' (o til non está estipulado pola [[norma]] [[ortografía|ortográfica]]) son distintas ou non: para el son iguais e non fara distincións de significado, pero un galego distinguirá o [[verbo]] en [[imperativo]] do [[adverbio]] ou do [[indicativo]].
 
Do mesmo xeito hai linguas (como o [[Lingua francesa|francés]]) que diferencian se a vogal mediaaberta ou mediapechada está redondeada ou non e polo tanto pode haber parellas de [[palabra]]s que se distingan só por ese motivo: o trazo do redondeo é distintivo en francés.
 
== Exemplo na [[semántica]] ==
Mentres que en galego existe un límite [[léxico]] entre ''verde, turquesa, azul, azul marino, azul cobalto'', etc. noutras linguas non se diferencia do mesmo xeito. O nivel e aplicación de trazo distintivo non se dá só entre linguas (por exemplo, no [[xaponés]]).
 
Está demostrado que dentro das variedades dunha lingua pode haber diferente aparición dos trazos distintivos: iso pasa no chamado discurso feminino para ''malva, burdeos, berenxena, violeta, lila, rosa'', etc., que no caso dos homes non é tan doado de identificar (aparte de [[daltonismo]]).
 
[[Categoría:Lingüística]]