Protistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 71:
Actualmente o termo ''protista'' utilízase para referirse a eucariotas unicelulares que existen como células independentes ou que forman colonias nas que non hai diferenciación en tecidos. <ref name="Adl 05">{{cite journal |author=Adl SM, Simpson AG, Farmer MA, ''et al.'' |title=The new higher level classification of eukaryotes with emphasis on the taxonomy of protists |journal=J. Eukaryot. Microbiol. |volume=52 |issue=5 |pages=399–451 |year=2005 |pmid=16248873 |doi=10.1111/j.1550-7408.2005.00053.x}}</ref> O termo ''protozoo'' é utilizado para referirse ás especies [[heterótrofo|heterótrofas]] de protistas que non forman filamentos. Porén, estes termos xa case non se usan na taxonomía actual, e mantéñense só como unha forma práctica e conveniente para a descrición ou para facer referencia a estes organismos.
 
A taxonomía dos protistas está aínda cambiando. As novas clasificacións que apareceron intentan establecer os grupos [[monofilético]]s que comprenden, baseados na súa [[ultraestrutura]], [[bioquímica]], e [[xenética]]. Como os protistas no seu conxunto son [[parafilético]]s, estes sistemas a miúdo dividen ou abandonan o [[taxon]] reino, tratando aos distintos grupos de protistas como liñas separadas dentro dos eucariotas. O recente esquema elaborado por Adl ''et al.'' (2005)<ref name="Adl 05"/> é un exemplo no que non se consideran as categorías taxonómicas formais (filo, clase, etc.) senón que simplemente se ordenan os organismos en listas xerárquicas. Con isto preténdese facer a clasificación máis estable a longo prazo e facer máis doada a súa posta ao día. Esta clasificación é a que se ofrece na táboa da dereita na que algúns dos grupos principais de protistas considerados poden ser tratados como [[filo]]s. <ref name="Cavalier Smith 03">{{cite journal |author=Cavalier-Smith T, Chao EE |title=Phylogeny and classification of phylum Cercozoa (Protozoa) |journal=Protist |volume=154 |issue=3-4 |pages=341–58 |year=2003 |month=October |pmid=14658494 |doi=10.1078/143446103322454112 |url=}}</ref> Moitos destes grupos pénsase que son monofiléticos, pero aínda hai certa incertidume. Por exemplo, os [[Excavata]] probablemente non son monofiléticos e os [[Chromalveolata]] poderían ser monofiléticos se excluímos de entre eles as [[haptófita]]s e [[criptomónada]]s. <ref>{{cite journal | pmc = 1713255 | title = Evaluating Support for the Current Classification of Eukaryotic Diversity | author = Laura Wegener Parfrey, Erika Barbero, Elyse Lasser, Micah Dunthorn, Debashish Bhattacharya, David J Patterson, and Laura A Katz | doi = 10.1371/journal.pgen.0020220 | journal = PLoS Genet. | date = 2006 December | volume = 2 | issue = 12 | pages = e220 | pmid = 17194223}}</ref> O consenso actual vai na liña de non considerar monofilético a Chromalveolata, grupo que está desaparecendo das clasificacións máis recentes. Nas recentes clasificacións creáronse grupos como [[Halvaria]], [[Hacrobia]] ou o [[grupo SAR]]. En calquera caso, son de esperar novos cambios na clasificación nos próximos anos, xa que ningunha das clasificacións que hai ten un consenso xeral.
 
== Principais grupos de protistas ==
Liña 83:
| ano = 1981|volume = 14|páxinas = 461-481}}</ref> os nomes usados anteriormente de '''cromófitas''' e '''cromobiontes''' refírense aproximadamente ao mesmo grupo. Posteriormente, Cavalier-Smith creou o grupo dos Cromalveolados, como un refinamento dos Cromistas e sería un supergrupo no que estarían tamén os ''[[Alveolata]]''. Porén, as árbores filoxenéticas moleculares elaboradas presentaron algúns problemas á hora de establecer as relacións entre os tres grupos de cromistas ([[heteroconta]]s, [[haptófita]]s e [[criptófita]]s). Actualmente opínase que ''Chromoalveolata'' é un taxon [[parafilético]].
 
=== Cromistas ===
Nas clasificacións máis comúns divídese o grupo en tres grupos: heterocontas, haptófitas e criptófitas.<ref name="pmid18296415">{{cite journal|author=Csurös M, Rogozin IB, Koonin EV|title=Extremely intron-rich genes in the alveolate ancestors inferred with a flexible maximum-likelihood approach |journal=Mol. Biol. Evol.|volume=25|issue=5|pages=903–11|year=2008|month=May|pmid=18296415|doi=10.1093/molbev/msn039|url=http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=18296415}}</ref> Porén, deben terse en conta as diversas modificacións que sufriron nas clasificacións os grupos de cromistas e cromalveolados nos cambiantes sistemas de clasificación actuais.
 
==== Heterocontas ====
As '''[[heteroconta]]s''' (''Heterokontophyta'') son unha das liñaxes principais de [[cromalveolado]]s, con preto de 10.500 especies. Moitas son [[alga]]s, que van desde algas xigantes pluricelulares como algunhas [[Laminariales]] a [[diatomea]]s unicelulares, que son compoñentes primarios do [[plancto]]. Outros membros notables son os [[oomiceto]]s (xeralmente parasitos), que semellan superficialmente fungos, entre os que está incluído o xénero ''[[Phytophthora]]'', responsable da praga da pataca (como a que asolou [[Irlanda]] no [[século XIX]] e producíu unha grande fame), e o xénero ''[[Pythium]]'', que ocasiona a putrefacción das sementes.<ref name="prot"> Arato, Rona. Protists. Ontario: Crabtree Publishing Company, 2010. ISBN 978-0-7787-5377-2.</ref>
 
As algas heterocontas teñen [[cloroplasto]]s envoltos por catro membranas, as dúas primeiras envolven directamente ao cloroplasto e as outras dúas ao chamado [[retículo endoplasmático]] cloroplástico, das cales a última membrana é continua coa do retículo endoplasmático e coa membrana nuclear. Esta disposición das membranas suxire que os cloroplastos das heterocontas obtivéronse dun eucariota simbiótico, probablemente unha [[alga vermella]]. Os cloroplastos conteñen tipicamente clorofilas "a" e "c" e xeralmente o pigmento asociado [[fucoxantina]] que lles dá unha cor castaña amarelada ou verde terrosa.
Liña 109:
 
==== Dinoflaxelados ====
Os '''[[dinoflaxelado]]s''' (''Dinoflagellata'') son un estenso fílo de [[alveolado]]s flaxelados. A maioría das especies son unicelulares e forman parte do [[plancto]] marño, pero tamén as hai de augas doces e coloniais. As súas poboacións distribúense en función da temperatura, a salinidade e a profundide. Arredor da metade dos dinoflaxelados son [[fotosíntese|fotosintéticos]] e constitúen o grupo máis grande de algas eucariotas á parte das [[diatomea]]s. Como son produtores primarios, constitúen unha parte importante da [[cadea trófica]] acuática. Certas especies fotosintéticas, as [[zooxantela]]s, son endosimbióticas de animais (de [[coral (animal)|corais]], [[anemone]]s e [[ameixa (molusco)|ameixaameixas]]s) e eucariotas unicelulares mariños, desenvolvendo un importante papel na bioloxía dos [[arrecife de coral|arrecifes de coral]]. Outros dinoflaxelados son depredadores doutros eucariotas unicelulares e algunhas formas son parasitas (por exemplo, ''[[Oodinium]]'' e ''[[Pfiesteria]]''). Algúns dinoflaxelados son responsables das [[marea vermella|mareas vermellas]], nas que sintetizan potentes [[toxina]]s.
 
==== Apicomplexos ====
Liña 168:
As '''[[glaucófita]]s''' (''Glaucophyta'') son un pequenio grupo de algas microscópicas de auga doce.<ref name="keeling">{{cita publicación|revista = American Journal of Botany|ano = 2004|volume = 91|páxinas = 1481–1493|título = Diversity and evolutionary history of plastids and their hosts|autor = Patrick J. Keeling|url = http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/1481|doi = 10.3732/ajb.91.10.1481 }}</ref> Xunto coas algas vermellas e as [[viridiplantae]] (algas verdes e plantas terrestres) forman o clado das arqueplástidas. As glaucófitas están pouco estudadas, o que é un dos motivos que fan incertas as relacións dentro deste grupo.<ref name="palmer">{{cita publicación|url = http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/1437|título = The plant tree of life: an overview and some points of view|autor = Jeffrey D. Palmer, Douglas E. Soltis and Mark W. Chase|revista = American Journal of Botany|ano = 2004|volume = 91|páxinas = 1437–1445|doi = 10.3732/ajb.91.10.1437|lingua=inglés}}</ref>
 
=== Unicontos ===
Os '''[[unicontos]]''' (''Unikonta'') comprende formas flaxeladas e ameboides. Segundo Cavalier-Smith, o grupo inclúe aos amebozoos e aos [[opistoconto]]s. Dentro dos opistocontos están os coanozoos, que na maioría das clasificacións son considerados protistas, pero tamén están os animais e os fungos, que non son protistas.
 
==== Amebozoos ====
Os '''[[amebozoo]]s''' (''Amebozoa'') son un filo de protozoos semellantes a [[ameba]]s. A maioría son unicelulares, aínda que hai algúns que son simbióticos doutros organismos. Actualmente, as análises xenéticas fixeron que se deban considerar un grupo [[parafilético]] no que se inclúen membros dos grupos ''[[Entamoebidae]]'', ''[[Lobosea]]'' e ''[[Mycetozoa]]''.