Pegada xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Liña 9:
[[Ficheiro:D1S80Demo.png|miniatura|esquerda|240px|Variacións das lonxitudes dos alelos [[VNTR]] en 6 individuos.]]
[[Ficheiro:Alec Jeffreys -2008.jpg|miniatura|200px|[[Alec Jeffreys]], o pioneiro da pegada xenética.]]
O proceso empeza coa obtención dunha mostra do ADN dun individuo (xeralmente chamada "mostra de referencia"). O método preferible para recoller a mostra de referencia é facer un frotis bucal cun bastonciño de algodón, xa que isto reduce a posibilidade de contaminación. Cando isto non é posible (por exemplo, porque non hai unha orde xudicial para obtela ou non é posible obtela) outro método é recoller mostras de [[sangue]], [[saliva]], [[seme]], ou outros fluídos apropiados nos que floten células ou de tecidos procedentes de obxectos ou roupas de uso persoal (cepillo de dentes, coitelas de afeitar, etc.) ou de mostras almacenadas (por exemplo, bancos de esperma ou tecidos de [[biopsia]]s). As mostras obtidas do sangue de parentes biolóxicos do individuo poden tamén dar unha indicación do perfil de ADN do individuo, igual que restos humanos.
 
A mostra de referencia debe ser entón analizada para crear o perfil de ADN do individuo utilizando varias técnicas posibles, que se explican a continuación. O perfil de ADN compárase coas outras mostras para determinar se hai coincidencia.
Liña 131:
 
== Investigación do ADN familiar ==
A investigación do ADN familiar utilízase nalgúns países para crear novas liñas de investigación en casos nos que as probas de ADN atopadas na escena do crime (perfil forense) lembran fortemente un perfil existente nunha base de datos gobernamental pero cuxa coincidencia non é exacta.<ref>Diamond, Diane. [http://www.huffingtonpost.com/diane-dimond/searching-the-family-dna-_b_845340.html "Searching the Family DNA Tree to Solve Crime."] The Huffington Post accessed April 17, 2011.</ref><ref>Bieber, Frederick et al.,(2006)[http://www.sciencemag.org/content/312/5778/1315.short “Finding Criminals Through DNA of Their Relatives”] Science. 312 Sci. 1315, 1315–16.</ref> Cando todas as outras liñas de investigación están esgotadas, os investigadores poden utilizar programas especialmente desenvolvidos para compararen o perfil forense con todos os perfís da base de datos para así xerar unha lista de posibles persoas que teñen maior probabilidade de ser parentes próximos do perfil forense.<ref>[http://www.dnaforensics.com/FamilialSearches.aspx#uk “Science of the Future: Identifying Criminals Through Their Family Members”].</ref> Para eliminar a maioría desta lista, os técnicos do laboratorio crimial realizan unha análise de [[Y-STR]] que confirma os parentescos familiares suxeridos pola primeira lista. Utilizando técnicas de investigación estándar, pode construírse unha árbore xenealóxica familiar. Esta árbore contén información recollida de rexistros públicos e rexistros da xusticia criminal, a partir dos cales pode deducirse a implicación no caso de membros da familia utilizando factores excluíntes como o sexo, vivir noutro sitio ou ter outra coartada, declaracións de testemuñas, etc. Unha vez que se identifica un sospeitoso, pode tratar de obterse unha mostra do seu ADN, para facer o seu perfil xenético e comparalo co da mostra atopada no lugar do crime.
 
[[Ficheiro:CBP chemist reads a DNA profile.jpg|miniatura|Un químico do departamento de Protección de Fronteiras e Aduanas de EUA le un perfil de ADN para determinar a orixe dunha mercadoría.]]