Parafilético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 4:
En [[filoxenia]] (e tamén en [[lingüística]]) un grupo é '''parafilético''' cando inclúe o [[antepasado común]] dos seus membros, pero <u>non a todos</u> os descendentes deste. Esta situación denomínase '''parafilia''' (do [[lingua grega|grego]] παρά ''pará'', "ao lado", "os que están ao lado", "cerca de", e φυλή ''phylé'', "tribo", "grupo de individuos"). Un grupo parafilético fórmase cando a un [[clado]] (póla evolutiva) se lle subtraen un ou máis grupos [[holofilético]]s. <ref>Colin Tudge (2000): ''The Variety of Life''. Oxford University Press. ISBN 0-19-860426-2.</ref>
 
As clasificacións tradicionais están cargadas de grupos parafiléticos, como [[criptógama]]s, [[invertebrado]]s ou [[Pongidae|pónxidos]]. En cada uno destes casos o grupo defínese pola exclusión dun grupo menor dentro doutro maior: as criptógamas son as [[planta]]s excluindo as [[fanerógama]]s; os invertebrados, os [[animais]] se quitamos os [[vertebrados]]; os pónxidos son os [[Hominoidea|antropoides]] cando quitamos os [[Hominina|homínidohomínidos]]s. Así, cada grupo aparece definido negativamente, por caracterísitcas que lle faltan, en vez de maneira positiva, polas características que comparten os seus membros.
 
A lexitimidade do uso de grupos parafiléticos na clasificación é moi discutida. Os que o defenden fano só para aqueles casos en que resulta un grupo de características ben definidas. Os que se opoñen alegan que só os grupos holofiléticos son lexítimos nunha clasificación evolutiva.
Liña 10:
Baixo un certo concepto os grupos parafiléticos son chamados [[monofilético]]s ([[grupo convexo|grupos convexos]], grupo de especies e o seu antepasado común, pero non todos os descendentes dese antepasado), igual que os [[holofilético]]s (grupo que contén o antepasado común, todos os organismos que descenden del, e ningún outro organismo máis).
 
== Uso dos grupos parafiléticos ==
Os grupos parafiléticos utilizáronse moito nas taxonomías tradicionais e mesmo hoxe. Os partidarios da cladística non aceptan as agrupacións parafiléticas. Outros argumentan que os grupos parafiléticos dun [[clado]] excepto un clado menor con características moi diverxentes, son necesarios para unha clasificación comprensiva que inclúa os grupos extintos, xa que cada especie, xénero, familia, etc. tivo que necesariamente orixinarse a partir doutra. [http://books.google.ca/books?id=ucilIjrex5cC&pg=PA9&lpg=PA9&dq=paraphyletic+anagenesis&source=bl&ots=MMAxChaImV&sig=Uix-q7vlhJOmbbAFvwW6lWJdeHI&hl=en&ei=zpQ4TPj5LoPknAeh3NXKDQ&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CBQQ6AEwAA#v=onepage&q=paraphyletic%20anagenesis&f=false Ereshefsky] sinala que os [[taxon]]s parafiléticos son o resultado dunha evolución por [[anaxénese]] (toda a poboación cambia a outra con características novas e desaparece a orixinal).
 
Por exemplo, os [[procariota]]s son parafiléticos porque o grupo exclúe a gran liñaxe de organismos que evolucionaron a partir deles, os [[Célula eucariótica|eucariotaeucariotas]]s, aínda que o establecemento dos procariotas como grupo é moi útil porque ten unha significativa distinción claramente definida (non teñen [[núcleo celular]]) con respecto aos seus descendentes nucleados. Deste modo, aínda que os procariotas non son un clado, o termo é moi útil.
 
O termo ''[[grao evolutivo]]'' utilízase ás veces para eses grupos. <ref name="Ancestors_Tale">{{Cita libro
Liña 25:
| isbn = 0-618-00583-8 }}</ref>
 
== Lingüística ==
En lingüística histórica tamén se utiliza o concepto de linguas parafiléticas para comparar a orixe dos distintos idiomas a partir doutros idiomas anteriores, dun xeito similar a como fai a cladística cos seres vivos. Por exemplo, as [[linguas formosanas]] forman un grupo parafilético das [[linguas austronesias]], xa que o termo se refire ás nove pólas da familia de linguas austronesias que non son [[linguas malaio-polinesias]] e están restrinxidas á illa de [[Taiwan]] (Formosa). <ref>Greenhill, Simon J. e Russell D. Gray (2009): "Austronesian Language and Phylogenies: Myths and Misconceptions About Bayesian Computational Methods," in ''Austronesian Historical Linguistics and Culture History: a Festschrift for Robert Blust'', editado por Alexander Adelaar e Andrew Pawley. Canberra: Pacific Linguistics, Research School of Pacific and Asian Studies, The Australian National University.</ref>
 
Liña 32:
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Clasificación científica]]
* [[Holofilético]]
Liña 43:
* [[Sistema de clasificación de Engler]]
 
=== Ligazóns externas ===
* Funk, D. J. e Omland, K. E. (2003): "Species-level paraphyly and polyphyly: Frequency, cause and consequences, with insights from animal mitochondrial DNA". ''Annu. Rev. Ecol. Evol. Syst.'' '''34''': 397–423. [http://www.umbc.edu/biosci/Faculty/OmlandLabWebpage/NewPages/papers/FunkOmlandARev.pdf Artigo en PDF] Consultado o 15/01/2013.
 
 
[[Categoría:Filoxenia]]