Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]; cambios estética
Liña 3:
O '''Hospital Real de Santiago''', tamén coñecido como '''Gran Hospital Real de Santiago''' e, nos últimos tempos, como '''Hospital Xeral de Santiago''', ten a súa orixe nunha viaxe que fixeron os [[Reis Católicos]] a [[Santiago de Compostela]] en [[1492]], na que advertiron que nesa cidade, a pesar de que contaba con numerosos pequenos hospitais, os peregrinos enfermos estaban mal atendidos, o que os impulsou á creación dun novo e moderno [[Hospital]].
 
Os peregrinos, ao presentaren ''A Compostela'' <ref>A ''Compostela'' ou ''Compostelana'' é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e dado aos peregrinos cando acaban o seu percorrido. Para gañala necesítase andar un mínimo de cen quilómetros a pé ou a cabalo (200 km de ir en bicicleta), o que significa que o percorrido mínimo polo camiño francés empeza na vila de Sarria. Os peregrinos que chegan a Santiago de Compostela teñen que mostrar a ''credencial'' do camiño, selada, que demostrará que andou e se hospedou nos lugares que esta mostra. Na Idade Media, a "compostela" era un modo de indulxencia que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, aínda que, de obterse nun Ano Santo compostelán, acadábase a indulxencia plenaria.</ref> dilixenciada, coa ''credencial'' debidamente cuberta <ref>A ''credencial'' do peregrino é un caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, cuxa finalidade é o seu selado un par de veces ao día (xa sexa en igrexas, albergues ou incluso en bares que teñen o seu propio selo), para que o peregrino consiga a acreditación necesaria para aloxarse nos albergues do Camiño.</ref> <ref>[http://www.lossellosdelcamino.com/ Os selos do camiño] {{vl}} Consultada o 3/2/2012.</ref> adquirían o dereito a seren hospedados gratuitamente durante tres días. Xustamente o termo [[hospital]] refírese a esta primeira función que tiveron estas institucións. Durante a Idade Media os hospitais desempeñaban as funcións de albergar aos [[peregrino]]s ou seren [[asilos]] para os pobres. A palabra hospital deriva da [[latín|latina]] ''hospes'', que significa estraño ou estranxeiro e, polo tanto, un convidado; de ''hospes'' pasou a ''hospitalia'', para significar "departamento para visitas de forasteiros", e de ''hospitalia'' derivou ''hospital''.<ref>Outro substantivo derivado é ''hospitium'', que significa "hospitalidade", a relación entre o convidado e o que o acolle, co significado de amabilidade; de aí deriva '''hospicio'''. E os termos ''hospedaría'', ''hostal'', ''hospedaxe'', ''hospedeiro'', etc.</ref>
 
Para poderen construílo e mantelo, os Reis Católicos instituíron un ''Real Padroado'' en [[1499]],<br> que dotaron cun terzo das rendas do Voto de Santiago do [[Reino de Granada]].
Liña 9:
== Contexto ==
=== A atención aos necesitados na Antigüidade e na Idade Media ===
Na [[Idade Antiga]] e na [[Idade Media]] non había hospitais. No mundo antigo os enfermos eran coidados na súa casa, na casa dos médicos, en santuarios, ou ben en torno a fontes termais. Estes últimos centros estiveron conectados con lugares de culto durante toda a Idade Media, tanto no occidente [[cristianismo|cristián]] coma no [[Islam|mundo musulmán]].
 
Na idade de ouro da civilización islámica medieval aparecen os ''Bimaristan'', que
están considerados como os primeiros hospitais, no sentido moderno do termo. Eran establecementos onde o mal se acollía con beneplácito os acollidos neles estaban a cargo de persoal cualificado. Polo tanto, os médicos musulmáns medievais foron os primeiros en faceren unha distinción entre un hospital e os diferentes tipos de institucións como os ''templos de sanación'', os ''templos do sono'', os ''hospicios'', os ''asilos'' ou os ''[[lazareto]]s'' para leprosos ([[lepra|leprosarías]]) que, na antigüidade, servía máis ben para illar aos enfermos e aos tolos da sociedade, "en lugar de ofrecerlles esperanza dunha curación real". Os ''Bimaristans'' medievais, por tanto, considéranse como os primeiros hospitais no sentido moderno da palabra.<ref>
Micheau, Francoise (2004): ''The Scientific Institutions in the Medieval Near East'', páxs. 991-992.</ref>. Os primeiros hospitais públicos <ref name=Barrett>Peter Barrett (2004), ''Science and Theology Since Copernicus: The Search for Understanding'', páx. 18, Continuum International Publishing Group, ISBN 0-56708567-96908969-X.</ref>, os primeiros hospitais psiquiátricos <ref name="Ibrahim B. Syed PhD p. 2-9">Ibrahim B. Syed PhD, "Islamic Medicine: 1000 years ahead of its times", The Islamic Medical Association of North America, ''Journal of the Islamic Medical Association'', 2002 (2), páxs. 2-9 [7-8].</ref>, as escolas de medicina e as universidades tamén foron introducidas polos médicos musulmáns medievais.
 
Na Idade Media, a partir do [[século XI]], os edificios hospitalarios deben a súa creación fundamentalmente ás ordes relixiosas, xa que se basean na ''caridade cristiá'' e son administrados por membros do clero. A idea da asistencia baséase nas instrucións de [[Cristo]]: fogar dos humildes, socorro dos aflixidos... e, máis tarde, o ideal da pobreza, ademais da caridade.
Liña 76:
 
; Capela
A capela, [[arte gótica|oxival]], de cruz latina, ten o cruceiro iluminado por unha lanterna cuberta cunha bóveda de nervios estrelada, con grandes ventanais de arcos rebaixados que abren ás salas superiores formando tribunas. A bóveda apóiase en columnas decoradas cois apóstolos ao estilo do [[arte gótica|flamíxero]]. Os casetóns dos teitos planos das tribunas, finos baquetóns encadrando os arcos rebaixados ou [[arco (arquitectura)|arcos]] conopiais, son algúns dos elementos estéticos que aparecen no conxunto. Trátase, en suma, dunha importante obra, aínda que quizais peque de falta de unidade estética, de certo eclecticismo, que para algúns autores podería achacarse á presenza de [[Juan de Lemos]] completando o proxecto de Egas que, por outra parte, só puido visitar tres veces, e por pouco tempo, as obras.<ref>[http://arte.laguia2000.com/arquitectura/el-hospital-real-de-santiago-de-compostela arte.laguia2000.com arte.laguia2000.com] {{es}} Consultada o 2/2/2012.</ref>
 
; Patios
 
=== Patios ===
Dos catro patios que rodean a capela, dous [[arte gótica|góticos]] e dous [[barroco]]s, os dous primeiros son os do deseño orixinal de Henrique Egas, e son coñecidos como patio de San Xoán e patio de San Marcos. Os dous barrocos recibiron os nomes dos restantes [[Evanxeo|evanxelistas]] da [[Igrexa Católica|Igrexa Católica]], patio de San Lucas e patio de San Marcos.
 
A capela foi declarada [[Monumento Histórico-Artístico]] en [[1912]], e o conxunto do edificio en [[1931]].
Liña 92:
 
[[Xosé Manuel Olveira]] 'Pico' e [[Antonio Durán]] 'Morris', dous dos actores galegos máis populares, protagonizan este filme, baseado nun texto do dramaturgo [[Roberto Vidal Bolaño]], encarnando, respectivamente, a don Valeriano, vello cura, experto en vivir do conto, aqueixado de feridas de guerra invisíbeis, e a Cañete, tísico e compañeiro accidental do vagabundeo do primeiro. A busca dun teito baixo o que durmir e dunha ración de sopa acaba transformándose, para ambos os dous, nunha loita pola supervivencia nunha cidade na que os asedian os falanxistas.<ref>
[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/06/14/galicia/1308069087.html Gustavo Balza: 'Doentes es una película con vocación universal'] Diario ''El Mundo'' (España)]</ref> {{es}} Consultada o 3/2/2012.
 
== Notas ==
Liña 101:
=== Bibliografía ===
* Rosende Valdés, Andrés A. (1999): ''El Grande y Real Hospital de Santiago de Compostela''. Electa España.
* {{Cita libro |título=[[Iglesias gallegas de la Edad Media|Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por]] |nome=José |apelidos=Villa-amil y Castro |ligazónautor=José Villa-amil y Castro |coautores= |ano=[[facsímile]]: 2005 |anoorixinal=[1904] |editor=Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, [[A Coruña]])|localización=[[Madrid]] |isbn=84-934081-5-8 |páxina= |páxinas=410 |dataacceso= |lingua=castelán }}
 
=== Outros artigos ===
* [[Henrique Egas]].
* [[Parador de Santiago]]